O 27 de setembro adiantámonos á iniciativa global de Galicia, e No Caselles realizamos a nosa tarefa de recoller todo o lixo que poidera haber na marxe do río Pego, dende a ponte do cruce para Vilachán ata 500 metros río arriba.
Non quedou máis que natureza, logo do noso paso.
Pero, sabedes que? Case non había nada que recoller!!
Este treito do río está moi limpo, grazas ao esforzo continuado dos nosos voluntarios que todos os anos revisan, controlan e coidan.
Lixo recollido (plásticos e papeis): 8 Kg.
Mollámonos polo río!!