Iniciar sesión |
OBRADOIRO DE VERMES DE SEDAHoxe nenas e nenos de primeiro curso participaron nun interesantísimo obradoiro de vermes de seda. Organizado polo Concello de Tomiño e impartido por Mª José, todos aprenderon gran cantidade de cousas acerca do tema. Os máis pequenos do Caselles xa levan uns meses ocupándose dos seus vermes de seda, pero hoxe aprenderon algo da historia destes bichiños e do marabilloso tecido que deles se obtén. Tamén puideron ver e tocar casulos de distintas cores e diferentes tipos de fíos e teas de seda. Gracias a Mª José tamén comprobaron como se saca a seda dos casulos e como se fía. En fin, un obradoiro moi, pero que moi interesante. Se queres ver todas as fotos preme na imaxe. |