Iniciar sesión |
AS CARTAS DE 4ºNestas últimas semanas o alumnado de cuarto estivemos traballando as cartas e as postais. Hoxe puxemos en práctica todo o aprendido: cada un de nós escribiu unha carta , fomos ata a oficina de correos, pagamos o selo e depositamos a carta no buzón. Os funcionarios tamén nos explicaron varias cousiñas como por exemplo qué é un apartado postal, ou algo moi curioso como que todas as cartas teñen que ir a unha oficina que está en Santiago para seleccionalas alí. ..aínda que a carta sexa para Tomiño!!!!....tamén nos falaron da importancia de poñer o código postal. Saimos moi contentos desta actividade porque aprendemos moito e nos deron un regaliño!!! Para ver máis imaxes preme na foto |