Hoxe nova saída de nenas e nenos de 6ºB ao río Pego. Esta saída forma parte do Proxecto Ríos, e xa é a segunda deste curso.
Se a primeira se adicou a limpeza do "noso"tramo do río Pego desta vez o noso alumnado fixo unha inspección da zona. Contaron para este traballo coa axuda e guía de Paco Bañobre de ADEGA que lles ensinou a nenos e nenas, entre outras moitas cousas, como analizar a calidade das augas do río Pego, e polos macroinvertebrados atopados saíu unha calidade de 9 sobre 10, non está mal!
Tamén pescudaron e atoparon que a temperatura da auga era de 15º, que os niveis de osíxeno e nitróxeno eran os correctos e que abundaban moitas especies de invertebrados por este outono tan quente que estamos tendo.
Xornada de proveito, e unha forma diferente e activa de aprender cousas!
Para ver tódalas fotos preme na imaxe