Estas vacacións son diferentes xa que non podemos saírPero... pensando, pensado... ás profes ocorréusenos unha forma de viaxar distinta!Umm...a ver quen adiviña cal é...?Exacto, acertastes!!!É LER!!!
A través da lectura podemos viaxar a diferentes lugares, coñecer distintas personaxes, imaxinar olores, cores, paisaxes...Permítenos, en definitiva, saír do entorno no que estamos.
Polo tanto, propoñémosvos coller un libro na casa que vos guste e a disfrutar del!!!Despois, simplemente, debedes completar a súa ficha.
Ademais, como sabemos que vos encanta plástica, retámosvos a preparar unha manualidade de Pascua. Sorprendédenos!!
Todo isto, debedes entregalo á volta de vacacións (Durante a mañá do martes, 14 de abril).Para acceder as actividades, clicade na foto.
BOAS VACACIÓNS!!!