Nos dous cursos pasados traballamos nun proxecto para coñecer o "millo" que servíu de base para facer os canapés cos que invitamos a merendar ao alumnado de infantil, que nos visita no mes de xuño con gallo de coñecer o noso centro que tamén será o seu no futuro.
Este proxecto está integrado nunha ampla Unidade Didáctica Integrada que levamos a cabo ao longo de mes e medio e que ten varias tarefas que traballan de xeito motivacional con tódalas competencias.
1ª tarefa: facer as invitacións para a merenda ao alumnado de infantil.
Reunimos as catro aulas do ciclo e puxemos aos nosos nenos e nenas ao tanto do que ibamos facer. Votamos o texto do correo electrónico que enviamos ao CRA Antía Cal para saber o número de persoas, entre alumnos e profesores que virían á nosa festa. Cando recibimos contestación fixemos as invitacións en cartolina con grupos de traballo cooperativo e mandámosllas.
2ª tarefa:traballar para coñecer o millo e facer o pan de millo.
Buscamos informacións en distintos soportes, de papel, informáticos... e tamén pedimos que trouxeran espigas ás clases. Medímolas, pesámolas, debuxámolas, e tamén as debullamos...etc e podedes ver algunha actividades que fotografamos.
Despois plantamos grans de millo en botes de iogur.
Escribimos notas pedindo ás avoas que viñesen explicarnos como se facía o pan de millo. E viñeron algunhas e gustáronnos moito as súas explicacións.
Levamos o millo a uns muíños que hai na parroquia e alí explicáronnos e vimos como funcionaban, debuxámolos por dentro e por fóra e tamén estudamos un hórreo ou canizo que observamos durante a saída.
Xa coa fariña nas clases, peneirámola para que quedase mellor, tal e como explicaron as avoas.
Xa nas aulas debuxamos e explicamos o itinerario ou percorrido que fixeramos para chegar aos muíños.
3ª tarefa: preparar a merenda para os de infantil e para todos nós.
En equipos de traballo cooperativo debatemos nas clases sobre que podiamos mercar para poñer enriba do noso pan e que nos quedasen uns canapés moi saborosos.
Confeccionamos as listas dos ingredientes e os nenos fixemos unha nota as familias pedindo 1€ para ir mercalos a tenda do pobo. Fomos andando á tenda e organizámonos en grupos por clases para comprar e apuntar o prezo do que compramos e canta volta nos tiñan que dar.
Nas aulas escribimos as contas e o estudado nos nosos cadernos.
Uns días antes da visita do alumnado de Infantil confeccionamos as bandexas para poñer os canapés e fixemos os manteis para decorar as mesas.
Como temos comedor e cociña con forno no colexio, dous días antes da visita fixemos o pan de millo e mesturámoslle tamén fariña de trigo para que fose mellor de traballar. Despois escribimos a receita.
A verdade é que saíu riquísimo!!!
O día da visita preparamos os canapés nas nosas aulas e logo fomos baixando os manteis para cubrir as mesas que estaban no patio cuberto e as bandexas coas viandas.
O
E xa todos xuntos, Infantil 1º, 2º e os nosos profesores e profesoras puidemos degustar as exquisiteces que nós mesmos preparamos!!!
Esta foi unha experiencia con moito fundamento!!!
EDUCACIÓN PARA A SAÚDE E O CONSUMO 2014-15
|
|||||||
SEMANA DO 23 AO 27 DE MARZO
|
|||||||
Por unha Alimentación sá e equilibrada | |||||||
2ª SEMANA DA FROITA
|
|||||||
3ª SEMANA DA FROITA
|
|||||||
4ª SEMANA DA FROITA | |||||||
DO 1 AO 5 DE XUÑO
|
|||||||
|
|||||||
|
EDUCACIÓN PARA A SAÚDE E O CONSUMO 2013-14
1ª SEMANA DA FROITA
Adiviñades que froitas ides poder degustar? |
||||
As froitas e hortalizas son alimentos indispensables na nosa alimentación.Son ricas en fibra, vitaminas e minerais e ofrecen protección fronte a enfermidades dexenerativas, contribuíndo a unha maior expectativa e calidade de vida. |
||||
Imprescindibles na infancia e adolescencia. Básicos na idade adulta. Ben aceptados nos maiores. |
||||
O consumo de, polo menos, 5 porcións de froitas e hortalizas ao día, contribúe a levar unha alimentación equilibrada e xoga un papel importante en calquera etapa da vida. |
||||
O noso colexio volve participar este curso no programa da Xunta de Galiciaofertando froita fresca e de balde durante tres semanas. |
Cada día entregaremos unha peza de froita de tempada para que a consuman durante o recreo.
E se queredes saber máis sobre froita e alimentación saudable facede clic aquí |
3ª SEMANA DA FROITA
Vaia sorte ter unha semana máis froita fresca e de tempada
4ª SEMANA DA FROITA
|
O alumnado de 5º curso participou activamente na 1ª semana da froita explicando aos/ás máis pequenos/as as propiedades saudables da froita. Aquí deixámosvos unha pequena mostra da sesión.
Celebramos a semana da froita
Dentro do proxecto "Alimentación sá e equilibrada" que se está a desenvolver no Colexio durante o 2º trimestre, celebramos a "semana da froita" con diversas actividades es torno ao consumo destes alimentos.
O mércores 21 de marzo estiveron os de Froitas Nieves dando unhas charlas ao alumnado de 1º e 5º (para os demais xa viñeran noutra ocasión). Ao remate agasalláronos cuns deliciosos pinchos de froita fresca (melón, piña, kiwi...). O colexio convidou ao resto do alumnado a uns ricos amorodos. O xoves e venres traerán da casa plátanos e mazás.
PROXECTO "O CORPO E A SAÚDE"
No curso 2011-12 o noso colexio adoptou a decisión de traballar o eixe transversal "o corpo e a saúde" e por iso no primeiro trimestre estivemos co proxecto" O CORPO".
O EDL xunto coa Comisión de Biblioteca e a CCP buscamos actividades encamiñadas a traballar dun xeito globalizado para todo o colexio. O EDL propuxo como actividade motivadora de cara a comenzar o proxecto, un xogo de ADIVIÑANZAS que tiña como soporte fotos actuais de persoas do colexio e fotos de cando eran nenos e nenas.
Traballamos asi o cambio que se produce a través do tempo e que deixa pegadas evidentes e físicas.
Tamén propuxo buscar adxectivos que fixesen alusión a emocións, valores e sentimentos, pero coa condición de buscar somentes os de signo positivo. Primeiro tiveron que buscar adxectivos os nenos e nenas do 1º ciclo e colocáronos na silueta masculina-femenina, con velcro e con cartolina azul. Logo fixeron o mesmo os alumnos do 2º ciclo con cartolina amarela e por último os do 3º ciclo con cartolina rosa, en semanas sucesivas e xa partindo do que fixeran antes os compañeiros.
Isto permitíu traballar a todo o colexio a descripción emocional e afectiva das persoas e sempre facendo fincapé nos valores positivos.
TALLERES DE COCIÑA
PARA TODOS E TODAS!
EN ABRIL
COCIÑAN MIL.
EN ABRIL: TALLERES DE COCIÑA POR CICLOS
-11 DE ABRIL: 1º CICLO
-12 DE ABRIL: 2º CICLO
-13 DE ABRIL: 3º CICLO
TÓDOLOS NENOS E NENAS DO COLEXIO PARTICIPARON EN 4 OBRADOIROS DE COCIÑA:
PIZZA DE XAMÓN E QUEIXO
SALADA DE FROITAS
BROWNIE DE CHOCOLATE
ENTRADAS E CANAPÉS VARIADOS
AMORODOS CON CHOCOLATE
SE CON SAÚDE E LEDICIA
CUN DOCE AGASALLO QUERES MEDRAR,
EN FOLIO EN GALEGO, SEMPRE EN GALICIA,
DE FROITAS RECEITAS, AO COLE LEVAR.
Con esta poesía o EDL e o OBRADOIRO de COCIÑA do 1º ciclo propuxeron a tódolos alumnos e alumnas do colexio que trouxeran receitas que levaran froitas e coa data límite do 30 de marzo, día que se deron as notas e as vacacións de semana santa. Deste xeito quixemos rematar a semana da froita e dos recreos saudables ofrecendo un"doce agasallo" a todos e todas que deixaron as súas receitas con froitas nunha caixa colocada para ese fin no vestíbulo do colexio. Así, a coordinación das propostas foi total coa Comisión da Biblioteca xa que nese lugar de entrada tamén había unha exposición de libros e contos que falan de alimentos e comida.
Este 2º Trimestre xiraba arredor da "alimentación" como eixe imprescindible para manter o corpo con saúde.
O 30 de marzo, a titora encargada do obradoiro de cociña cociñou xunto cos seus alumnos de 1º A un exquisito chocolate co que foron cubertos uns enormes amorodos e que serviron de premio e agasallo para os que participaron libremente na proposta do EDL( que foron moitos xa que se achegaron a un tercio do alumnado do colexio). Os nenos e nenas de 1º A repartiron un pouco antes do recreo os amorodos con chocolate aos agasallados que quedaron moi sorprendidos e contentos.
Coas receitas aportadas farase un libro de cociña para a biblioteca do colexio e para coller receitas para o obradoiro de cociña que tanto gusta aos nosos alumnos e alumnas.
Aqui veredes algunhas fotos desta actividade tan motivadora.
AMORODOS CON CHOCOLATE
PROXECTO ABALAR
AO LONGO DESTE CURSO 2011-2012, O NOSO CENTRO FORMARÁ PARTE DA REDE DE CENTROS ABALAR, UN AMBICIOSO PROXECTO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA QUE PRETENDE A INTEGRACIÓN PLENA DAS TIC NA PRÁCTICA EDUCATIVA EN GALICIA.
ABALAR inclúe e integra todas as iniciativas no ámbito educativo, xuntando os esforzos cara á modernización e mellora da educación como parte da estratexia transversal do Goberno galego de promoción das TIC a todos os sectores da actividade, recollida no marco da iniciativa de modernización egoberno2013.
ABALAR recolle, suma e incrementa os recursos existentes para acadar a resposta integral e de futuro do Goberno galego aos retos que presenta a educación dos nosos nenos e nenas na sociedade dixital do século XXI.
A estratexia do proxecto ABALAR xira arredor do concepto de centro educativo dixital. O centro educativo dixital supera o concepto de centro educativo tradicional e persegue dispor de recursos humanos e pedagóxicos, así como de infraestruturas e servizos axeitados para o uso cotián da tecnoloxía por parte de todos os axentes da comunidade educativa, na actividade docente, de aprendizaxe e administrativa.
Se queredes ampliar información consulta os seguintes enlaces enlaces
Espazo Abalar na páxina da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
PROXECTO VOZ NATURA
Durante este curso 2010-2011 o noso colexio participará na 14ª edición da campaña de Voz Natura que será dedicada á auga como eixo central.
A campaña titúlase "O poder da gota" e pretende sensibilizarnos sobre a importancia da agua como fonte de vida.
O noso proxecto titúlase
"Azul e verde, dámoslle cor á natureza"
Continuamos co noso proxecto (Plantas para curar e árbores para respirar) onde "pintamos" de verde o patio do noso colexio e os montes das nosas parroquias coa plantación e coidado de plantas medicinais e árbores autóctonas e cítricos (laranxeiras, limoeiros, limas, mandarinos...).
Cargamos un pouco máis de verde-amarelo recollendo plásticos, papel de aluminio, envases... para depositalos no colector amarelo. Contribuímos a que o verde sexa máis puro recollendo restos vexetais (das froitas que comemos no recreo) para xuntalas coa herba e restos de follas e poda para facer o compost. Axudamos a manter o verde dos montes recollendo papeis, cartóns e cartolinas para encher o colector azul da recollida selectiva.
Tamén aproveitaremos estes materiais para elaborar ferosos obxectos decorativos nos obradoiros de plástica do 2º Ciclo.
Para un azul máis intenso faremos actividades en torno ao coidado dos ríos en xeral e máis en particular ao que pasa moi preto do noso colexio. Tamén elaboraremos campañas para unha mellor utilización da auga no ámbito doméstico e escolar (regar, lavar duchar... con sentido)
Os encargados de organizar esta paleta de cores serán os compoñentes das brigadas verdes (que nós chamamos VIMAs: vixilantes domedio ambiente). Son grupos de rapaces e rapazas perfectamente identificables que se encargan de que todos cumpramos co noso cometido. "darlle cor á natureza".
Pasaron xusto 21 días e apareceron os primeiros pitiños!!!! Houbo moita expectación no cole!
Agora que xa temos os pitiños grandes, que podemos facer con eles? A maioría quere que fagamos un galiñeiro para coidalos no Colexio!!!
Creo que pronto haberá novidades. Seguiremos informando.