Libreando
4º CONCURSO DE LIBREANDO POLO BLOGUE
IMOS POLO CUARTO RETO
Deixa a túa resposta nos comentarios. Non te esquezas de por o teu nome e curso.
Tedes de prazo ata o 3 de marzo.
TERCEIRO CONCURSO DE LIBREANDO POLO BLOGUE
Imos polo terceiro reto
As preguntas que tendes que contestar son as seguintes:
- Quen é o autor deste libro?
- Como se chama o protagonista deste libro?
Os que acertedes teredes un premio.
Non vos olvidedes de escribir o voso nome e curso, para poder recibir o agasallo.
Tendes de prazo ata o 1 de febreiro.
2º Concurso de LIBREANDO POLO BLOGUE
Imos co seguinte reto, esta vez relacionado coa conmemoración do 3 de decembro:
O día Internacional das Persoas con Discapacidade.
A pregunta que tendes que contestar é a seguinte:
A que discapacidade fai referencia o libro " A miña irmá Lola"?
Respondede no blogue, en comentarios.
Os que acertedes teredes un premio.
Non vos olvidedes de escribir o voso nome e curso, para poder recibir o agasallo.
Tedes de prazo ata o 18 de decembro.
Libreando polo blog
Este curso debido a situación que estamos a vivir, non podemos realizar o concurso de Libreando, como levamos facendo xa hai uns anos, pero queremos seguir agasallando as persoas que queren participar e aprender a través da lectura con novos retos mensuais.
Esta vez a actividades se realizará dende a casa, coa vosa familia para que vos axuden e participen.
Os retos serán sobre libros relacionados coas conmemoracións e celebracións, de cada mes, que responderedes directamente no blogue, en comentarios.
Os que acertedes teredes un premio, non vos olvidedes de por o voso nome e o curso, para poder recibilo.
Este mes o reto vai relacionado con 25 de novembro, Día Interncional contra a violencia de xénero.
A pregunta que tendes que contestar é a seguinte:
Quen foi a primeira doutora galega?
A continuación tendes unha serie de libros, que podedes atopar na nosa biblioteca. Tamén a podedes buscar en Internet.
TEDES DE PRAZO PARA CONTESTAR ATA O
LIBREANDO POLO AMBIENTE 2
VEÑA!!! A POLO SEGUINTE SELO. ÁNIMO!
-
No mes de marzo celebramos o día da muller. O libro que tendes que atopar ten que ver con esta conmemoración.
-
Este libro pertence a unha colección que se chama “ Me llamo...”
-
Esta situado nun andel que estuda feitos acontecidos no pasado. O número do andel é impar.
-
O personaxe deste libro, fíxose famosa por adicar a súa vida axudando aos máis pobres.
-
Este personaxe recibiu o premio Nobel da Paz, en 1979.
LIBREANDO POLO AMBIENTE 1
Volvemos co noso concurso, da búsqueda do libro. Esperamos que atopedes todos os libros e deste xeito podades contestar a todas as preguntas, para acadar os selos do voso pasaporte.
CONCURSO
PREMIOS DO CONCURSO LIBREANDO POLO MUNDO
Un ano máis repartimos os premios polas aulas, para darlles un detalle a todo o alumnado que participou na búsquedas dos libros da biblioteca, moitas gracias por participar e polo entusiasmo mostrado.