II EDICIÓN CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL (1º tRIMESTRE)
|
|
|
2º PREMIO - ÁRBORES AO AMENCER16 vistasÉsta paisaxe é a que miro dende o meu cuarto ao levantarme pola mañá.
Mireya Vila Bargiela
|
|
14 vistasNesta foto tiven sorte por un temporal e rompeu a arbore ¡ Que pena para a natureza! Xa tiña que ser forte ese temporal.
Nerea Fernández
|
|
OS NOSOS CARBALLOS17 vistasEste carballo forma parte do pequeno bosque do meu avó Celso.
Josué Troncoso Campos
|
|
SEN ATADURAS22 vistasHoxe en día é costume "mutilar" (mais que podar)as árbores dos parques públicos.Por iso chama a atención ver estas árbores que crecen en toda a súa dimensión.
Fernando Rei Gorís
|
|
20 vistasEste é un fermoso carballo que xa sinte a chegada do outono e ten unhas cores moi bonitas, amarelo, castaño e verde. Destaca no medio dos piñeiros e foi tomada nos montes de zamáns.
O vento soprou tan forte estes días que na árbore pode verse un pedazo de plástico colgando das ramas. Agora déixovos que lle vou quitar o plástico que, aínda falta para o Nadal.
Carlos Enrique Pérez Estévez
|
|
ACCÉSIT- LEMBRANZAS20 vistasVendo esta paisaxe lembramos aquel atardecer, sentados neste banco, con certa melancolía e un cucurucho de castañas na man. E cando me pediches unha castaña, con aqueles olliños de prata non tiven máis remedio que darche a última do meu cucurucho.
Mercedes Castro
|
|
UN BOSQUE CON VIDA13 vistasEsta foto foi feita no Aloia, é unha parte do monte moi bonita, porque ten unha paisaxe con árbores diferentes.
Está moi limpo e o paso moi ben correndo entre as árbores.
Araceli Domínguez Ríos
|
|
ACCÉSIT - RETORTO19 vistasNon é estraño que este castiñeiro se retorza, seguro que de dor, vendo o que pasa ao seu redor. Seguro que se puidese fuxiría a un lugar onde os humanos fosen máis respectuosos coa natureza.Bicos de mel.
Pepe de Chandrexa
|
|
17 vistasAnxo Crusat
|
|
ACIVRO MACHO E ACIVRO FEMIA25 vistasUn dos poucos arbustos dos que hai pes macho e pes femia ,a diferenza nesta época é que uns dan baias e outros non.
Marcos Troncoso Pontes
|
|
ACCÉSIT - CAPRICHOS DA NATUREZA30 vistasAo atoparme con esta árbore descubrín que non só existían nos fantásticos contos de bosques e fadas. Admirade a súa fermosa beleza froito dun capricho da natureza.
Berta Saavedra
|
|
XIGANTE28 vistas¡Qué pequenos somos!
Belén Barona Castiñeira
|
|
29 ficheiros en 3 páxina(s) |
1 |
|