|
Xuntos pola paz.60 vistasNa entrada do colexio profesorado e alumnado distribuímonos para conmemorar o día da Paz que, coma todos os anos, celébrase o 30 de xaneiro por coincidir coa morte de Gandhi, líder espiritual e nacional da India.
|
|
Imaxina: John Lennon en caricatura.50 vistasNon podedes negar que no cole hai bos/boas debuxantes e senón vede a caricatura deste activista pola paz realizada polos rapaces e rapazas maiores colmado de chapas con pequenas mensaxes de paz.
|
|
Preparados para a celebración.71 vistasTodo o mundo preparado para escoitar as diferentes mensaxes de paz que os nenos e nenas do colexio estiveron traballando durante a semana.
|
|
O Karaoke está a punto.65 vistasAs novas tecnoloxías permitirannos seguir o ritmo e visualizar na pantalla a imaxe, nunca esquecida, dunha das figuras máis representativas dos activistas pola paz.
|
|
Mensaxes de Paz.60 vistasUnha das alumnas do primeiro curso transmite aos que alí estamos os desexos que ela e os seus compañeiros/as, queren conseguir para vivir nun mundo sen violencia.
|
|
E ti..., como loitas pola paz?59 vistasOs diversos e coloridos carteis colocados na entrada do centro, deixan moi claro que todos os nenos e nenas desexan a paz e coñecen como levar a cabo accións para lograla.
|
|
Así o queremos nós.58 vistasO mural dalgúns dos rapaces e rapazas máis pequenos está cheo de desexos de paz e así o simbolizan ao redor da pomba branca e da rama de oliveira, símbolos universais da paz.
|
|
Paz Universal.55 vistasObservade este mural, non sería realmente marabillosos que se cumprira?. Non son só palabras, está nas nosas mans, non o dubidedes!
|
|
Moitas voces pero un único propósito.80 vistasCo fin de cumprir un mesmo desexo, a paz no mundo, todos e todas ao unísono cantamos unha fermosa canción dun dos músicos e compositores ingleses de fama mundial.
|
|
Imagina...58 vistasA canción coa que conmemoramos este ano o día da Paz, Imagine de John Lennon, converteuse nun himno para os movementos contra a violencia. Reflexionemos senón sería estupendo conseguir o que el pretendía: unha vida libre, tranquila e un mundo como un só.
|
|
Símbolo da Paz.56 vistasNo noso centro o símbolo da paz adquiriu forma de oliveira e todos os anos a vemos medrar alimentándoa cos nosos desexos de paz.
|
|
Adornos florais.54 vistasTodos/as xuntos agardamos con impaciencia para embelecer a oliveira. Quen serán os afortunados/as en colaborar a tal fin?
|
|
16 ficheiros en 2 páxina(s) |
1 |
|