blog BiblioAnisiaMiranda

3 de decembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.

Dende o colexio fixéronse diferentes actividades para concienciar a todo o alumnado das diversas capacidades que temos.

 

 

 

Tamén tivemos a sorte de ver  a representación, versionada polo profesorado do cole, do conto "Mi hermana Lola" de Àngels Ponce. Premede no vídeo, para volver a vela o ensinarlla as vosas familia.  

 RECUNCHO DE LIBRO SOBRE A DISCAPACIDADE 

"A miña irmá Lola"

Aquí vos deixamos o libro " A miña irmá Lola" que tanto vos gustou, na interpretación teatral do profesodora do colexio. 

Mi Hermana Lola

2º Concurso de LIBREANDO POLO BLOGUE

 Imos co seguinte reto, esta vez relacionado coa  conmemoración do 3 de decembro: 

O día Internacional das Persoas con Discapacidade.

A pregunta que tendes que contestar é a seguinte:

 

A que discapacidade fai referencia o libro " A miña irmá Lola"? 

 

Tendes o libro nunha entrada do blogue, ao igual que a representación teatral feita polo profesorado.



 

Respondede  no blogue, en comentarios.

 Os que acertedes teredes un premio. 

Non vos olvidedes de escribir o voso nome e  curso, para poder recibir o agasallo. 

Tedes de prazo ata o 18 de decembro.

GUÍA DE LECTURAS

 RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA MERCAR COMO AGASALLOS NO NADAL

 

 
 





Grazas ao equipo de EDLG do Morrazo.

Día internacional contra a violencia de xénero

Neste día marcado en negro no calendario, dende o colexio queremos sumar as nosas mans como símbolo de loita contra a violencia de xénero. 

 

 

UN CÓMIC PARA DESCUBRIR AS CIENTÍFICAS DO PASADO ÁS CIENTÍFICAS DO FUTURO

O Cómic Científicas pretende achegar ás nenas a este mundo, ofrecéndolles referentes nos que poidan sentirse reflectidas.

O obxectivo é dobre: que elas se desen conta de que podían facer carreira neste ámbito e que eles tamén aprendesen que os logros os conseguen as persoas, independentemente do seu xénero, a súa idade ou nacionalidade.

Libreando polo blog

 Este curso debido a situación que estamos a vivir, non podemos realizar o concurso de Libreando, como levamos facendo xa hai uns anos, pero queremos seguir agasallando as persoas que queren participar e aprender a través da lectura con novos retos mensuais. 

Esta vez a actividades se realizará dende a casa, coa vosa familia para que vos axuden e participen.

Os retos serán sobre libros relacionados coas conmemoracións e celebracións, de cada mes, que responderedes  directamente no blogue, en comentarios.

Os que acertedes teredes un premio, non vos olvidedes de por o voso nome e o curso, para poder recibilo. 

Este mes o reto vai relacionado con 25 de novembro, Día Interncional contra a violencia de xénero. 

A pregunta que tendes que contestar é a seguinte: 

Quen foi a primeira doutora galega?

A continuación tendes unha serie de libros, que podedes atopar na nosa biblioteca. Tamén a podedes buscar en Internet. 

 

TEDES DE PRAZO PARA CONTESTAR ATA O 

30 DE NOVEMBRO 

25 DE NOVEBRO: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 O 25 de novembro é o día Internacional contra  a violencia de xénero, porque segue presente causando daño a moitas mulleres a nivel emocional e físico.

Dende a biblioteca  deixámosvos algúns contos e libros para previr a violencia de xénero e acadar a igualdade entre as persoas.