Xa tendes na biblio a exposición temática do Día das Letras Galegas, na que poderedes informarvos tanto sobre a vida do autor homenaxeado este ano: Francisco Fernández del Riego, coma sobre a vida e obras de autores e autoras que foron homenaxeados en anos anteriores.
Estes son os libros que están á vosa disposición no estante de Novas Adquisicións. Lembrade que mentres estean neste estante podedes lelos na biblio, pero se queredes levalos en empréstito, teredes que agardar a que estean colocados no estante correspondiente.
Bos días familias:
Segundo a información que temos, mañá non habería problemas co transporte escolar, pois están incluídos nos servizos mínimos.
Polo tanto, funcionaría como habitualmente
Un saúdo
A celebración das Nacións Unidas do Día Internacional da Muller recoñece e homenaxea ás mulleres e as nenas e ás organizacións de mulleres e feministas que están a loitar polo avance da tecnoloxía transformadora e polo acceso á educación dixital. O Día Internacional da Muller de 2023 explorará os efectos da fenda dixital de xénero no crecemento das desigualdades sociais e económicas. Tamén poñerá de relevo a importancia de protexer os dereitos das mulleres e as nenas nos espazos dixitais e de abordar a violencia de xénero en liña e a facilitada polas novas tecnoloxías da comunicación.
O proxecto Modo galego, actívao! contemplou dende o principio facer unha experiencia de inmersión ao estilo dos 21 días co galego e +. A Real Academia Galega, o Concello de Ames e os centros educativos de educación infantil e primaria decidimos facer colaborativamente unha versión adaptada na que todas as escolas do concello puidesen participar.
O elemento central da experiencia consiste en establecer o compromiso entre o alumnado, o profesorado, o monitorado dos servizos complementarios e outros traballadores e traballadoras dos centros educativos de empregar o galego durante tres semanas.
Como no programa de referencia, a experiencia artellarase mediante un blog que orientará diariamente o seu funcionamento.
Se fas clic na imaxe, poderas coñecer máis sobre este proxecto.
Un ano máis, as bibliotecas dos centros escolares de Ames recoméndannos entretidas lecturas para que non nos aburramos durante estas festas. Bo Nadal!