8 de marzo - Biblioteca do CEP Ventín

A celebración das Nacións Unidas do Día Internacional da Muller recoñece e homenaxea ás mulleres e as nenas e ás organizacións de mulleres e feministas que están a loitar polo avance da tecnoloxía transformadora e polo acceso á educación dixital. O Día Internacional da Muller de 2023 explorará os efectos da fenda dixital de xénero no crecemento das desigualdades sociais e económicas. Tamén poñerá de relevo a importancia de protexer os dereitos das mulleres e as nenas nos espazos dixitais e de abordar a violencia de xénero en liña e a facilitada polas novas tecnoloxías da comunicación.