Quinto

Sexto

Sexto

Construción do coche eléctrico

Na unidade didáctica da enerxía e as máquinas tiveron que construír un coche eléctrico. Como mínimo tiñan que conseguir que se movera, partindo dun circuíto simple: unidade fonte de enerxía, interruptor, motor e cable. O resto de rúbrica ata conseguir decidírono entre tod@; luces, son, traballo en equipo e orixinalidade. Logo tiveron que expoñelo ao resto dos cursos.

Compoñentes tóxicos que contén o tabaco

Para traballara  prevención do consumo de substancias nocivas, estudamos os compoñentes que contén un cigarro. Cada alumno tivo que facer un traballo de investigación sobre unha das substancias tóxicas que contén un cigarro. Con este experimento puideron observar como queda e cheira o algodón cando se fai consumir un cigarro polo cambio de presión nunha botella.

Quedaron totalmente impresionad@s.

 

Ciclo da auga

Para poder observar os cambios dos estados da auga e extrapolalo ao ciclo da auga, o alumnado de 6º fixeron este experimento na aula. Para este traballo explicóuselle a un nen@ de cada grupo que será o mentor do seu grupo. Logo na casa tiveron que gravar un vídeo explicando o experimento, que posteriormente tiveron que colgar na actividade subida no EVA. Con este produto pretendíase traballar os dous aspectos: científico e competencia lingüística.

Descalcificación dos ósos

O propósito deste experimento é observar os efectos do vinagre nos ósos. Os ósos que conteñen calcio a menudo reaccionan de xeito interesante ao ser incubados en vinagre. Este experimento pode demostrar o motivo polo cal é importante consumir suficiente calcio e o que pasa cando un óso perde cantidades significativas de calcio. No experimento do calcio dos ósos de polo, imos comprobar a función do calcio nos ósos.

Fundamento teórico:
• O ser humano está formado por multitud de comp0stos que desempeñan unha función específica e vital para o mesmo, por exemplo, o calcio posúe a función estrutural (dureza dos ósos).
• O calcio constitúe o 75% da composición do óso, a descalcificación afecta a esta cifra convertendo ao óso nunha especie como de goma suave e maleable.

 

Maqueta dun brazo

O alumnado de 6º, na unidade didáctica da anatomía humana tiveron que crear unha maqueta dun brazo. Na maqueta había que representar a acción dos músculos agonistas e antagonistas do brazo. Ao contraerse o bíceps o tríceps está relaxado e cando se contrae o tríceps o bíceps reláxase. Tamén deberán demostrar como cando un músculo se contrae acúrtase e cando se relaxan ou se estiran os músculos alónganse.

 

 

 

SUSANA RODRÍGUEZ, ATLETA PARALÍMPICA

O alumnado de 6º nivel invetigou sobre a atleta paralímpica Susana Rodríguez. Sabiades que é de Vigo? E que ademáis de atleta é médico? Pois escoitade este programa e descubriredes moitas cousas máis...

BOA ESCOITA

CLUB DE CIENCIAS 2020/2021

UN ANO MÁIS, PASÁMOLO DE MEDO  FACENDO NOVOS EXPERIMENTOS.

NO ARQUIVO ADXUNTO, ATOPAREDES UNS EXEMPLOS DAS MOITAS COUSAS QUE FIXEMOS.

DISFRUTADE.

BAILE DE ENTROIDO

Bo día entroideiros e entroideiras! Como bos festeiros que somos, no CEP Carlos Casares, non queremos deixar pasar a oportunidade de compartir con todos vós o noso xa famoso baile de entroido. Este ano, tivemos que adaptar a celebración desta festa tan importante en Galiza ás novas circunstancias sanitarias, pero non por iso deixamos de pasalo xenial cumprindo coas tradicionais ordes do Meco, a lectura do testamento, a queima do Meco, a riquísima chocolatada e rosca que a ANPA nos prepara cada ano con tanto agarimo e, como non, a nosa esperada fariñada. Non puidemos elaborar os disfraces no cole, como viñamos facendo en cursos pasados, pero todos viñemos guapísimos da casa. Había de todo: agricultores, espantallos, velliñas... O complemento máis empregado foi o sombreiro de palla.

E, como non, a nosa sempre aclamada coreografía. Non vos imos a dar máis pistas xa que, vós mesmos a podedes disfrutar premendo na seguinte imaxe. Agradecemos ao mestre Miguel Ángel a montaxe do video. Esperamos que vos guste.

CLAUSTRO CEP CARLOS CASARES

APEIROS E TREBELLOS RELACIONADOS COA AGRICULTURA

LEMBRÁDEVOS DE IR ENVIANDO AO CORREO DO TERCEIRO CICLO FOTOS DOS APEIROS E TREBELLOS RELACIONADOS COA AGRICULTURA E DE PERSOAS OU FAMILIAS FACENDO AS TAREFAS DO CAMPO OU DA HORTA. ALGÚNS  E ALGUNHAS COMPAÑEIROS/AS XA ENVIARON COUSAS MOI INTERESANTES. CANDO REGRESEDES Á AULA FACEMOS UN VISIONADO DE TODAS AS FOTOS.

 

Coidádevos moito e vémonos pronto.

A vosa titora

Luz

Distribuir contido