Quinto

Sexto

SAÍDA DO 3º CICLO A VIGO.

Mañá, día 14 de xaneiro, o alumnado do 3º ciclo acompañados polas súas titoras e a mestra de inglés irán a Vigo para asistir á reresentación teatral, en inglés: "SPINDERELLA".

 

 

Cindy sempre quixo ser unha estrela do pop, mais o único momento en que pode cantar é cando está cociñando e limpando para a súa horrible irmá maior, Becky. Cando a fada madriña de Cindy, A Raíña do Karaoke, a leva a un concurso de canto, semella que os seus sonos se van facer realidade. Iso se a súa irmá Becky non o impide.

Esta emocionante comedia é unha moderna versión do clásico conto de fadas A Cincenta. O espectáculo inclúe temas como a boa alimentación, a vida activa e a persecución dos nosos sonos.

 

FOTOS DA ACTUACIÓN