Quinto

Sexto

Blogue Terceiro Ciclo

Por fabrito
19/02/15

NO SEGUINTE ENLACE PODEDES VER O VÍDEO DO PROGRAMA DE RADIO ESPECIAL ENTROIDO, DESTE CURSO,  A CARGO DO ALUMNADO DE 5º.

 

 

 

AO COMEZO DO VÍDEO TIVEMOS UN PEQUENO PROBLEMA TÉCNICO, PEDIMOS DISCULPAS ;)

Etiquetas:
Por fabrito
05/02/15

O CENTRO XA SE ESTÁ AMBIENTANDO PARA DARLLE A BENVIDA AO ENTROIDO.

A PRIMEIRA DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS É DECORAR, CADA CICLO, UNHA CORTICEIRA.

1º CICLO:

2º CICLO:

3º CICLO:

 

NESTES DÍAS ESTAMOS CONFECCIONANDO OS NOSOS DISFRACES.

O PRIMEIRO CICLO IRÁN DE COCIÑEIR@S; OS DO 2º CICLO, DE CAMAREIR@S E OS DO 3º CICLO, DE FEIRANTES.

 

Etiquetas:
Por fabrito
05/02/15

COMO SABEDES, O PASADO MES DE XANEIRO PARTICIPANOS NO II CERTAME DE RADIO ESCOLAR, ORGANIZADO POLO PROXECTO CAMPUSCULTURAE, DA FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN, DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

A PROPOSTA RADIOFÓNICA QUE PRESENTAMOS LEVABA POR TÍTULO: O PERCORRIDO POLA HISTORIA DO POBO XITANO E CON ELA, FOMOS SELECCIONADOS COMO FINALISTAS !!!

PARABÉNS AOS ALUMNOS DE 6º, QUE FIXERON UN GRAN TRABALLO!!!!

 

AO RESULTAR FINALISTAS ASISTIREMOS Á GALA QUE TERÁ LUGAR O VINDEIRO 11 DE FEBREIRO, O ALUMNADO DO 2º E 3º CICLOS

 

APROVEITAREMOS A VIAXE PARA VISITAR A CIDADE DA CULTURA.

 

XA TEMOS PENSADO DE QUE IMOS IR DISFRAZADOS!!!!!!!

 

MENUDA "RADIO-ENTROIDADA" IMOS MONTAR EN COMPOSTELA!!!!

 

VIVA A RADIO E O ENTROIDO!!!!!!

 

http://www.campusculturae.com/gl/novas/ii-certame-campusculturae-de-radio-escolar

 

SE QUERES VER E ESCOITAR A  PROPOSTA RADIOFÓNICA, PREME SOBRE A IMAXE

 

 

 

Etiquetas:
Por fabrito
28/01/15

Este curso presentámonos ao II Certame de Radio Escolar, organizado polo Proxecto campUSCulturae, dependente da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

A nosa proposta radiofónica leva por título "O Percorrido pola historia do Pobo Xitano". Nela participaron o alumnado de 6º. Dende o EDLG do centro, queremos felicitalos polo excelente traballo levado a cabo.

Tanto os locutores coma os técnicos de son, fixeron un gran esforzo para poder gravar a proposta, dentro do prazo marcado.

Tod@s estamos desexando que se fagan públicos os resultados...

como saiamos seleccionado@s...

 

Menuda festa imos montar en Compostela!!!!!

 

 

DEIXÁMOSVOS AQUÍ O ENLACE Á CONVOCATORIA

http://issuu.com/pablopra/docs/convocatoria_aos_centros_de_ensino_/1?e=14245408/11021431

 

 

 

Etiquetas:
Por fabrito
13/01/15

Mañá, día 14 de xaneiro, o alumnado do 3º ciclo acompañados polas súas titoras e a mestra de inglés irán a Vigo para asistir á reresentación teatral, en inglés: "SPINDERELLA".

 

 

Cindy sempre quixo ser unha estrela do pop, mais o único momento en que pode cantar é cando está cociñando e limpando para a súa horrible irmá maior, Becky. Cando a fada madriña de Cindy, A Raíña do Karaoke, a leva a un concurso de canto, semella que os seus sonos se van facer realidade. Iso se a súa irmá Becky non o impide.

Esta emocionante comedia é unha moderna versión do clásico conto de fadas A Cincenta. O espectáculo inclúe temas como a boa alimentación, a vida activa e a persecución dos nosos sonos.

 

FOTOS DA ACTUACIÓN

                                                      

 

Etiquetas: