try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

A ANPA convoca PROTESTA para o venres 13 de setembro

Dende a ANPA do CEP Brea Segade convocamos para mañá, venres 13 de setembro, ás 09:30h, unha PROTESTA á que invitamos a toda aquela persoa, asociación ou entidade que empatice coa nosa situación.

NON IMOS CONSENTIR QUE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN NOS IGNORE DESTE XEITO: SE NON NOS OEN, BERRAREMOS MÁIS. QUEREMOS MESTRXS PARA A NOSA ESCOLA!!

O 11 de setembro, as familias baleiran as aulas

 

Dende a ANPA do Brea Segade temos a intención, coa axuda das familias, de NON LEVAR AXS NENXS ÁS ESCOLA O DÍA 11 DE SETEMBRO, tanto en terceiro de primaria coma no resto de cursos.

LEMBRAMOS QUE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN NOS DENEGOU UN/HX MESTRX DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA ATENDER O DESDOBRAMENTO DA UNIDADE DE TERCEIRO E UN/HX MESTRX DE AUDICIÓN E LINGUAXE A TEMPO COMPLETO PARA ATENDER AO ALUMNADO NEE E NEAE. 

Reclamacións por deficiencias nas istalacións do noso centro

Ante as constantes demandas feitas desde do noso centro aos diferentes organismos, e para dar a máxima transparencia ás xestións realizadas por esta dirección, a partir de agora daremos publicidade a todos os escritos remitidos por nós solicitando arranxos, obras, mantemento, etc.

A día de hoxe, consideramos que o noso centro necesita unha reforma integral, despois de corenta anos nos que a inversión da Consellería de Educación nas nosas instalacións resulta, como se pode comprobar, insuficiente

Agardamos que coa axuda de toda a comunidade educativa do Brea, as nosas reivindicacións sexa atendidas.

Dossier co Informe a Xefatura Territorial e Concello de Rianxo.

Libros de Texto

Formalización de Matrícula 2024-2025

MATRÍCULA

O prazo de formalización de matrícula para o vindeiro curso 2024-2025 está establecido do 20 ao 30 de xuño de 2024. Este proceso só é de aplicación para alumnado de nova admisión.

Documentación e impresos á vosa disposición no centro.

_Fondo de Libros

Bo día a tod@s,

Dende o martes 21 de maio queda aberto o prazo para solicitar a axuda de material escolar, libros e fondo solidario de libros de texto.

Pódese facer a través do enlace que indicamos a continuación ou no centro escolar presentando anexo I e II e documentación solicitada.

Un saúdo.

Enlace ao documento on line

Anexo I

Anexo II

O prazo remata o 21 xuño.

                                                                                           

Distribuir contido