Renovación Consello Escolar
Seguindo indicacións da Xefatura Territorial e da Inspección Educativa informámosvos de que este curso 2020/2021 se deben realizar renovacións nos representantes dos membros do consello escolar.
Por tal motivo, e dada a situación actual, intentaremos na medida do posible, minimizar o envío de papeis e circulares, empregando só as imprescindibles. Deste xeito, solicitamos a toda a comunidade educativa que, estea atenta durante este mes de outubro e novembro ás novas que iremos subindo e enviando a través do correo electrónico ou a aplicación Abalar Móbil.
A maiores, comunicámosvos que o día 28 de outubro de 2020 ás 12:00 horas procederase a realizar o sorteo público na Secretaría do CEP X. M. Brea Segade para elixir os membros da Xunta Electoral responsable da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar, en virtude do establecido no artigo 2.2 da Resolución conxunta do 30 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 08-10-2020).
É competencia da Xunta Electoral concretar o calendario electoral, e segundo o artigo 30 do Decreto 92/1988 está composta polos seguintes membros:
- o director,
- un profesor ou profesora,
- un pai, nai ou titor legal,
- un representante do persoal de administración e servizos,
designados os tres últimos por sorteo público no que se preverá a designación de membros suplentes.
Esta información está publicada no taboleiro de entrada.
Comentarios recentes
hace 1 semana 2 días
hace 1 semana 2 días
hace 22 semanas 6 días
hace 22 semanas 6 días
hace 22 semanas 6 días
hace 22 semanas 6 días
hace 22 semanas 6 días
hace 22 semanas 6 días
hace 22 semanas 6 días
hace 22 semanas 6 días