RESOLVENDO ENIGMAS NA BIBLIO
Esta semana Fervelliño propúxolle aos rapaces a actividade de resolver uns misterios baseandose no libro de Victor Escandell,"Enigmas de misterio".
Foron pequenos detectives que utilizaron a súa lóxica, a creatividade e o inxenio para resolver misterios moi díficiles.En parellas en grupo ou de forma individual xogaron a ser detectives.O que non lles gustaba moito era que tiñan que agardar ao remate do recreo para saber as repostas.
A actividade foi tan satisfactoria que temos que prolongala unha semana máis.
Moi ben rapaces!!!