Skip to Content

PEQUEPARADA

 

BOAS FAMILIAS!!!

TEMOS NOVIDADES RELACIONADAS CO MOMENTO DE ENTRADA E SAÍDA. 

DESDE O CONCELLO, HABILITARON A ZONA DE APARCAMENTO EXTERIOR COMO ZONA DE PEQUEPARADA, BUSCANDO FACILITAR O MOMENTO DE DEIXADA E RECOLLIDA DO ALUMNADO PARA FACER MÁIS FLUÍDO O TRÁNSITO DOS VEHÍCULOS, AXILIZAR O MOMENTO A TODAS AS FAMILIAS DO CENTRO E DESTE XEITO EVITAREMOS OS APARCAMENTOS EN DOBRE FILA.

FIXÁDEVOS NAS INDICACIÓNS DOS SINAIS.

INFORMACIÓN COMEDOR ESCOLAR

 

PERÍODO DE ADAPTACIÓN

NOVO CURSO, NOVAS ILUSIÓNS

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2024-2025

O prazo de formalización de matrícula é do 20 AO 30 DE XUÑO. É preciso solicitar cita  previa no teléfono 881938194.

Teredes que aportar a seguinte documentación

-4 FOTOS DNI

-TARXETA SANITARIA DO ALUMN@

-CARTILLA DE VACINAS

-DNI DO PAI, NAI OU TITOR/A LEGAL (E DO ALUMN@, DE SER O CASO)

-LIBRO DE FAMILIA

CONVIVIO FIN DE CURSO

 

Familias sanxoaneiras!

Remata o curso e coma de costume queremos despedilo cun convivio no cole o VENRES 21, a partir das 14:15.

Cada familia traerá a súa comida e a ANPA achegará boliños preñados, froita, bola e café para todas. Lembramos que as crianzas deberán acudir cunha persoa adulta responsable.

As familias do alumnado transportado que ese día non marche no autobús teredes que comunicarllo á titora a través da axenda e vir recoller aos vosos fillos e fillas á hora de saída do centro (14:00h)

Tedes de prazo para anotarvos ata o MARTES 18!

Esperamos contar con todas vós e así pasar a última tarde do curso disfrutando, xogando e convivindo!

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL

Informámosvos que xa saíu a convocatoria para solicitar as AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL da Xunta de Galicia.

*Prazo de presentación de solicitudes: do 21 de maio ao 21 de xuño

*Desde o centro facilitámosvos os documentos de solicitude que poderedes entregar no seguinte horario:

     LUNS e MÉRCORES de 09:00 a 10:30 ou de 13:00 a 13:40h.

     XOVES e VENRES de  10:00 a 11:00

Tedes toda a información na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO

Comunicamos que xa están expostas as listaxes de alumnado admitido para o curso 2024/2025 no taboleiro da secretaría do centro.

Informamos que as solicitudes presentadas para 4º de Educación Infantil e 4º de Educación Primaria están todas admitidas.

En canto ás solicitudes presentadas para 3º de Educación Primaria temos que comunicar que tras o proceso de baremación quedou unha excluída.

Para calquera aclaración podedes chamar ao centro ou pasando por secretaría.

Vémonos en xuño para a formalización de matrícula (prazo do 20 ao 30)

II XORNADA DE XOGOS EN FAMILIA

DÍA DO LIBRO

 

O próximo 23 de abril celebraremos o día do libro, polo que vos propoñemos esta actividade en familia na que teredes que poñer en marcha toda a vosa creatividade.

Encheremos o cole de fotos!! Mándanos a túa!!

Distribuir contido


by Dr. Radut