Skip to Content

CONVIVIO FIN DE CURSO

 

Familias sanxoaneiras!

Remata o curso e coma de costume queremos despedilo cun convivio no cole o VENRES 21, a partir das 14:15.

Cada familia traerá a súa comida e a ANPA achegará boliños preñados, froita, bola e café para todas. Lembramos que as crianzas deberán acudir cunha persoa adulta responsable.

As familias do alumnado transportado que ese día non marche no autobús teredes que comunicarllo á titora a través da axenda e vir recoller aos vosos fillos e fillas á hora de saída do centro (14:00h)

Tedes de prazo para anotarvos ata o MARTES 18!

Esperamos contar con todas vós e así pasar a última tarde do curso disfrutando, xogando e convivindo!



page | by Dr. Radut