Síguenos nas redes sociais!
Eventos
Os alumnos e alumnas de 5º B aproveitaron a mañana co profe de educación física facendo xogos de orientación polo parque, buscando fotos, superando probas, traballando en equipos...
Un día diferente para lembrar neste duro final de curso. Pasárono moi ben e portáronse aínda mellor!!
O aire axudounos a levar a mañana moi ben, unha caminata de 12 km. que os nenos aproveitaron para charlar, correr e cansarse ata pedir papas!
A merenda cargoulles as pilas y outra vez a carga.
Portáronse moi ben tara chegar a praia onde as ansias podían con eles e despois de comer, nin recoller nin nada...
Menos mal que estes rapaces son ben boiños e organizáronse moi ben para gozar dunha tarde soleada e ventosa na praia.
Para eles a auga estaba boísima, algún parece un peixe e non saíu da auga!!
En definitiva, unha excursión que gustoulles moito, e que aproveitamos un montón alumnos e mestres!!
O alumnado de 6ºB traballaron distintos libros dentro do plan lector que plasmaron nos lapbooks que podedes ver aquí.
Un gran traballo rapaces!!
O pasado mércores, 13 de xuño, os compis de 1º, 2º e 3º de primaria foron de excursión ata Marcelle.
O pasaron pipa e viron un montón de animais. Un día xenial!
No terceiro trimestre, continuamos co coidado das plantas da nosa horta escolar e do interior do centro.
Gracias a estes coidados fixemos colleitas estupendas de fresas, espinacas, xudías, cebolas, repolos...e todo moi ecolóxico, sen pesticidas de ningún tipo! Repartíronse entre os alumnos e algúns comentaron que prepararon con elas receitas riquísimas nas súas casas coma tortillas de espinacas, ensaladas... No panel da natureza continuouse cos traballos de investigación, noticias e fotos.
Nestes 2 últimos meses o tema proposto foi o das flores.
Por último, o centro fíxose cunha composteira gracias ao concello, e a partir do próximo curso continuaremos coa labor de concienciación no coidado do medio ambiente seguindo co traballo de coñecemento e coidado das plantas, animais, auga, etc.; a través da concienciación da importancia de xestos coma o reciclado e, ademais, fabricando o noso propio compóst.
Bo verán a todos e que disfrutedes nel da NATUREZA!!!