Síguenos nas redes sociais!
DISFRUTAMOS DA PRAIA
12/06/2019 10:05
O aire axudounos a levar a mañana moi ben, unha caminata de 12 km. que os nenos aproveitaron para charlar, correr e cansarse ata pedir papas!
A merenda cargoulles as pilas y outra vez a carga.
Portáronse moi ben tara chegar a praia onde as ansias podían con eles e despois de comer, nin recoller nin nada...
Menos mal que estes rapaces son ben boiños e organizáronse moi ben para gozar dunha tarde soleada e ventosa na praia.
Para eles a auga estaba boísima, algún parece un peixe e non saíu da auga!!
En definitiva, unha excursión que gustoulles moito, e que aproveitamos un montón alumnos e mestres!!