CHARLAS de Escola de Nais e Pais (ENAPA)

  Dende o Departamento de Orientación, en coordinación coa ANPA do CEIP Plurilingüe de Vite I e a colaboración do CAFI, baixo o título "EQUILIBRIO EMOCIONAL, ALIMENTACIÓN E SAÚDE" organizamos xuntanzas para as familias, en consonancia con obradoiros que se realizan cos nenos e nenas nas xornadas escolares da mañá.

As propostas para este  2º trimestre, a cargo de grandes expertos, son:

  • Xoves, 19/01/23 ás 17:00 HORAS: Charla con Gonzalo García (optometrista) sobre a IMPORTANCIA DA VISIÓN NA APRENDIZAXE, como a visión pode influír na aprendizaxe das crianzas.
  • Luns, 6/02/23 ás 17:00  HORAS: Charlacon Belén Montesa Lou (psicóloga), dentro do Programa “coidados-a-mente”. Título: “ACOMPAÑAMENTO NO DESENVOLVEMENTO AFECTIVO SEXUAL DESDE PRIMARIA A SECUNDARIA”.
  • Xoves, 9/3/23  ás 17:00 HORAS: Charlacon Eloy Figueira Rial (nutricionista). Relacionado co obradoiro do 1º trimestre co alumnado de 1º e 3º de primaria, sobre alimentación saudable e sostible: “PROGRAMA SANA EL HOY”. Título: “PSICONUTRICIÓN”.

A proposta para o 3º trimestre (data a concretar) é:

  • Charla ao cargo da Asociación BATA sobre diversidade e educar en positivo.

 

Todas as charlas serán na BIBLIOTECA do CEIP Plurilingüe Vite I.

Pregamos comuniquen previsión e compromiso de asistencia (ben a través da ANPA ou das titoras do centro) unha vez que se colgue o cartel da charla, pois é unha actividade GRATUITA PARA AS FAMILIAS INTERESADAS, precisamos un mínimo de 10 familias anotadas para manter a oferta.

É unha boa ocasión de gozar de expertos/as en educación familiar nun espazo de reflexión no que compartir inquedanzas nesta xuntanza de familias.