CICLO EDUCACIÓN S. XXI para escolares. "Sentir, actuar e medrar nas redes" con Patricia Gómez Salgado

 

O vindeiro MÉRCORES 9 de NOVEMBRO ás 11:30 horas terá lugar, de forma presencial na Sede Afundación Santiago (R/ Vilar, 19) e online a través de Afundación TV, unha charla para público escolar sobre ADICCIÓN E PERIGO NAS RRSS, que leva por título "SENTIR, ACTUAR E MEDRAR NAS REDES".

Será impartida por Patricia Gómez Salgado, doutora en Psicoloxía e que forma parte do grupo de traballo da Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario da USC, onde desenvolveu a súa tese titulada "O uso problemático de Internet e as novas tecnoloxías entre os adolescentes galegos".

 

Esta actividade está dirixida a estudantes en idade escolar a partir de 5º e 6º de Primaria.

 

A actividade é libre e gratuíta, previa inscrición.

 

 Máis información e inscricións aquí