ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2022/23

 De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022. DOG do 30 de setembro, realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto e integrada por: directora do Centro, un docente, unha nai, pai ou titor/a ou legal, representante do PAS. Os tres últimos designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto).

Dito SORTEO público, no que se preverá a designación de membros, será celebrado o mércores día 2 de novembro ás 10:00 horas na Dirección do centro.

Composición actual do organismo

Proposta de calendario de actuacións aprobada pola Xunta Electoral e carta ás familias.

  

Durante o actual mes de novembro van ter lugar as eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar (CE). 

O CE é o órgano de participación no goberno do colexio dos diferentes membros da comunidade educativa e dicir, familias, persoal de administración e servizos e profesorado.

No CE tamén está representado o concello de Santiago de Compostela a través da persoa designada polo mesmo.

Por isto, estas eleccións son moi importantes e dende a Dirección animámosvos a presentar candidatura para formar parte do Consello Escolar.

QUEN PODE PRESENTARSE ÁS ELECCIÓNS? Pode presentarse calquera persoa que sexa:

  • Docentes do centro.
  • Persoal de Administración e Servizos (PAS). Este ano non hai eleccións neste sector.
  • Proxenitores/titoras-es legais do alumnado do centro.

CAL É O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS? O prazo abrangue desde o día 10 ata o o 18 de novembro.

ONDE PRESENTO A MIÑA CANDIDATURA? A presento na Recepción do centro.

Na Recepción do centro, entre o 10 e o 18 de novembro, pódese consultar o CENSO provisional DE RESPONSABLES do sector familias.

O período de enmendas ao censo electoral provisional abrangue dende o día 10 ata o 17 de novembro.

COMO PODO ENMENDAR O CENSO ELECTORAL PROVISIONAL? Podo facelo presentando na Recepción do centro un dos seguintes documentos: 

CANTAS PRAZAS SE VAN RENOVAR? Vanse renovar as seguintes prazas: 

  • No sector familias, 1 praza.
  • No sector docente, 3 prazas.

    

 RELACIÓN DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS. SECTOR FAMILIAS

Papeletas votación. Sector familias.

Data e hora das votacións.

 

novo

 

Resultado das votacións do sector familias:

  • Nieto Barreiro, Begoña: 35 votos.
  • Lobatón Aldana, Óscar: 2 votos.
  • Fernández Fernández, Eladio Diego: 0 votos.

 

Resultado das votacións do sector docente:

  • 12 votos: Grille Hermida, Mª del Pilar.
  • 10 votos: Iglesias Cajade, Carmen.
  • 9 votos: García Garrido, Mª Luisa.
  • 3 votos: Leboráns Budiño, Alicia; García Precedo, Beatriz V. e Pérez López, Andrea.
  • 2 votos: Rodríguez García, Mª Carmen.
  • 1 voto: Fernández Otero, Pablo e Lojo Abeijón, Carmen Mª.