FONDO LIBROS

 

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL PARA O CURSO ESCOLAR 2022/2023.

Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 18 de maio de 2022. (código procedemento ED330B)

 

Enlace: FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

Enlace ao: Manual de usuario vai dirixido aos cidadáns que precisan realizar solicitudes telemáticas para a solicitude de axudas do fondo solidario de libros de texto e vales de libros e de material.

 

O prazo para presentar as solicitudes é dende o 19 de maio ao 22 de xuño de 2022 ambos inclusive.

 

- Fondo solidario de libros de texto (préstamo libros): só para alumnado que vaia a cursar 3º , 4º e 6º de primaria. O alumnado de 5º de primaria non solicitará o Fondo solidario de libros por pertencer ao proxecto EDixgal.

 - Axudas para adquirir libros de texto: so para alumnado que vaia a cursar 1º e 2º de primaria.

 - Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado que vaia a cursar primaria cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

 

Podedes presentalo no centro o facelo a través da CHAVE 365

 

ENLACE AOS: ANEXO I e ANEXO II para cubrir

 

NO PROPIO CENTRO EDUCATIVO, os seguintes días e horas:

 

Ø  11:10/12:00 os luns, martes e venres.

Ø  09:30/10:20 os mércores e xoves.

Ø  16:30/17:30 os martes.