PROGRAMAS EXTERNOS DO CENTRO

 Prezadas familias:

O CEIP de Vite I puxo en marcha o día 30 de xaneiro de xeito mensual para o alumnado de primaria (dúas xornadas ao mes) unha serie de actividades e estratexias nutricionais enmarcadas nos CPInnova solicitados polo centro como é o EDUSaúde, que teñen como obxectivo fomentar unha alimentación sa e saudable.

O programa “Sana el hoy, vive el mañana”, será impartido en horario lectivo polo nutricionista Eloy Figueira Rial co fin de fomentar unha alimentación e  uns hábitos nutricionais saudables mediante xogos, adiviñas e concursos. O alumnado, a medida que participe acertadamente, será premiado cun cupón co que terá un desconto do 10% nunha das súas compras nos seguintes comercios que están identificados co cartel distintivo e a lenda do programa:

 

  • NOVA JUMP (Área central de Santiago de Compostela)
  • INDORRWALL – Sala de escalada (R/ República Checa, 9. Santiago de Compostela)
  • GALIPARK MULTIAVENTURA (Agronovo - Extramundi de abaixo. Padrón) Confirmar asistencia no número de teléfono 981 81 17 08.
  • GRUP SURF SCHOOL. Un bautizo de surf totalmente gratuíto na data que indique o cupón verde que se lles entregue ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria. (Playa de Ladeira – Corrubedo). Inscribirse, na data indicada, en www.surfschoolgalicia.com/bautismo si decides ir.

 

Ao longo do curso, todo o alumnado de primaria terá oportunidade de levar un cupón desconto, só ten que estar atento e participar.

Agardamos que estes descontos non só sirvan para promover o comercio, senón para que as vosas crianzas substitúan as bebidas azucradas e as graxas saturadas, presentes tanto na bolería industrial coma nos snacks, por alimentos sas e saudables como froitas e verduras.

Estamos seguras que co voso apoio, conseguiremos promover unhas condutas saudables e sostibles nos noso alumnado. Uns hábitos positivos que lles axudarán a protexer a súa saúde ao longo de toda a súa vida.

Aproveitamos para informarvos que:

  • O venres día 4 de febreiro completará, no curso de 5º de primaria, a charla que xa recibiu o alumnado de sexto sobre “Benestar menstrual” a comadrona Diana Luque Indiano.
  • A semana do 7 ao 11 de febreiro levaranse a cabo uns obradoiros impartidos pola psicóloga xeral sanitaria Belén Montesa Luou sobre “O uso saudable das novas tecnoloxías: videoxogos e redes sociais” destinados ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria.

Grazas pola vosa colaboración.