CHARLA SOBRE REDES FAMILIARES E EDUCACIÓN SEXUAL CON PENÉLOPE ALONSO VÁZQUEZ

 

Invitámosvos a unha 2ª charla sobre "Redes familiares e educación sexual" impartida pola psicóloga e sexóloga Penélope Alonso Vázquez.

 

Nesta 2ª charla, organizada desde o Departamento de Orientación en colaboración con *Quérote+ da Xunta de Galicia, daránsenos "ferramentas educativas" que contribúan positivamente no desenvolvemento afectivo sexual dos vosos fillos e fillas.

 

A charla é gratuíta e terá lugar o xoves 24 de marzo de 16:30 a 18:00 horas, na Biblioteca do colexio ou no Salón de Actos dependendo do aforo.

 

Pregamos comuniquen confirmación para previsión de aforo:

  • ben a través da ANPA  no correo, anpavite1@gmail.com
  • ou no correo electrónico do colexio, ceip.vite1@edu.xunta.gal

Precisamos un mínimo de 10 persoas para poder celebrar dita charla.



 Queremos agradecer tanto a Penélope Alonso Vázquez, que falounos sen barreiras sobre “Educación emocional e sexualidade”, como as familias asistentes do CEIP de Vite I a vosa implicación na interesante e aproveitada charla de hoxe.

 

 

Aquí deixamos unha pequena mostra dos libros que trouxo por se alguén está interesada ou interesado neles.

 



 

 * QUEROTE+ está accesible a toda a poboación galega para asesoramento gratuíto

 http://xuventude.xunta.es/querote-mais

 http://xuventude.xunta.es/images/QUEROTE/2021/Qu%C3%A9rote_Oferta_formativa_concellos_e_asociaci%C3%B3ns.pdf