Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
4
all day
Start: 04/03/2024 00:00
O día 4 de marzo, a psicóloga e sexóloga Belén Montesa veu darnos unha charla para educar en sexualidade en familia. Falounos da importancia de darlles seguridade aos nosos fillos e fillas, facer que se sintan queridos e valorados para non meterse en relacións tóxicas. Apuntou que ante preguntas de contido sexual, o mellor é ser natural, preguntar e aclarar antes de dar charlas e recoñecer que é un tema dificultoso para nos como nais/pais e que o imos mirar xuntos. Regra fundamental: “non ver como adultos comportamentos de nen@s, nin viceversa”. A adolescencia é como unha gripe, pasa con paciencia e coidado, recomendounos estar cercanos, pois estamos ante un novo mundo, con novas oportunidades e límites. Podemos ver neste enlace entrevistas a Belén Montesa nos medios: https://www.belenmontesa.com/noticias/ Deixounos unha recomendación de libros de lectura, cos que tamén pensamos incrementar no centro a dotación de fondos sobre adolescencia e pubertade: CÓMO SE HACE UNA CRIATURA, Cory Silverberg, Fiona Smith. Ediciones Bellaterra-9788472909540 SEXO ES UNA PALABRA DIVERTIDA, Cory Silverberg, Fiona Smith. Edicions Bellaterra- 9788472909236 EL CONSENTIMIENTO (¡PARA NIÑOS Y NIÑAS!), Rachel Brian. Océano Travesía- 9788449456053 TU CUERPO ES TUYO, Lucía Serrano. NubeOcho- 9788418599408 NO QUIERO SER MAYOR, Yolanda Trancho Hernández. Editores varios- 9788409566679 (para ler cun adulto) Start: 04/03/2024 16:30
Desde o CEIP Plurilingüe de Vite vimos organizando XORNADAS DE ENCONTROS COAS FAMILIAS. O luns 4 de marzo temos unha das tres charlas que se organizou desde o Departamento de Orientación coa colaboración CAFI e en coordinación coa ANPA do colexio, dentro das ENAPA (Escola de Pais e Nais).
Nesta ocasión será a cargo da experta en distintos ámbitos educativos Belén Montesa e pode ser de grande interese para a familia e docentes. Estas charlas son gratuítas (totalmente de balde), pero requiren inscrición previa a través deste formulario.
| 5
all day
| 6
all day
| 7
all day
| 8
all day
| 9
all day
| 10
all day
|