ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA 1º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.As titoras de 1º A e B enviamosvos unha proposta de actividades para traballar cos vosos fillos/as debido ó cese da actividade escolar por mor do virus Covid 19. Son recomendacións de tipo xenérico tal e como nos aconsella a Conselleria de Educación. Para as actividades de Ciencias precisan conectarse a internet.De prolongarse esta situación máis do previsto seguiriamos enviando novas actividades por este medio. Área de matemáticas:Actividades e tarefas para taballar o concepto de número (estamos a traballar do 0 ao 99):
- Ler e escribir números do 0 ao 99.
- Facer xogos para decir o número anterior e posterior.
- Ordenar números de maior a menor e viceversa.
- Construir series numéricas ascendentes e descendentes.
- Sumar números de 2 cifras (sen levadas).
- Restas de números (sen levadas).
- Resolver problemas sinxelos que impliquen sumas e restas sen levadas. Identificar os datos, interpretalos (debuxalos se hai posibilidade) e pensar na operación matemática necesaria para a súa resolución.
- Actividades lúdicas: xogos de mesa que se xoguen con dados e impliquen conteo, por exemplo: tiradas con 2 dados e sumar, ou restar. O parchís, a oca, xogos coa baraxa, o bingo…
- Imprimir ou no seu defecto elaborar unha táboa do 1 ao 100 para facer seriacións: contar de 2 en 2 , de 5 en 5, etc, en orde ascendente e descendente. Logo facer as seriacións sen mirar pola táboa.
Área de lengua castellana/lingua galega:
- Lectura comprensiva de libros, contos, revistas... Escribir o seu titulo e o porque lles gustou ese libro. Facer debuxo das personaxes, situacións, etc. Preguntarlles sobre o contido da lectura.
- Ir traballando no cuaderniño de lengua, unha páxina por día.
- Escribir un minidiario no que poden incluir actividades que fan no día a día, expresar como se sinten, en que están pensando, etc…
- Escribir mensaxes ou pequenas cartas ós seus compañeiros, tamén debuxos, que se entregarán cando se retomen as clases.
- Facer frases escritas e descompoñelas en palabras, as palabras en sílabas, as sílabas en letras.
- Buscar en xornais e revistas titulares con frases sinxelas que poidan recortar e separar en palabras, para logo volver a compoñer e pegar nun folio ou libreta. Poden acompañalos con ilustracións ou debuxos.
Área de ciencias naturais:
- No Espazo Abalar repasar a unidade dos animais "Gústanme os animais”
- Iniciarse na unidade das plantas: "O marabilloso mundo das plantas
- Estos son os enlaces para entrar en ambalas dúas unidades:
- https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1362685434/contido/o_marabilloso_mundo_das_plantas.html
- https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1338908336/contido/animais.html