Skip to Content

Viaxe a Bélxica 2015

O noso terceiro día

Hallo!

Despois dunha que nos costou durmir, esta vez durmimos moito mellor! Pero levantámonos cedo porque marchamos coas familias en 6 grupos para o cole.

Ao chegar, calentamos montores a ritmo de  música. Despois visitamos o cole en pequenos grupos e tamén vimos cinco vídeos sobre o cole que fixeran os nenos. 

Dividironnos en grupos e mezclados cos nenos belgas fixemos xogos cooperativos como por exemplo ir empuxando un cubo cheo de auga que rodaba por uns tubos, ou unha especie de esquí en equipo, etc. 

A continuación, comimos "hot dogs" e tivemos tempo libre antes de comezar o ensaio do festival.

Despois comezamos o xogo da busca do tesouro. E de postre, no medio do xogo, comimos un helado.

E as catro menos cuarto fomos coas familias. Estabamos algo nerviosos porque entre o idioma, que no nos coñeciamos moito... pero ao final pasamolo moi ben. Uns foron á bolera, outros ao parque, outros quedáronse na casa... de calquera forma, pasámolo moi ben.

Sobre as 8. 30 chegamos ao albergue. 

Mañá será outro día, que comezará un rato antes... temos que estar listos ás 8.15!!

Un abrazo enorme, 

Ana R, Madina, Roberto e Brais

  

O noso segundo día

Queridas familias, 

A primeira noite costounos un pouco durmir, demasiadas emocións xuntas... Polo que empezamos a mañá algo máis cedo do normal!

Hoxe foi un día moi especial, que nunca imos olvidar! 

Aos chicos tocounos preparar o desayuno para todos e os profes dixeronnos que o fixeramos xenial!

Despois de almorzar, preparamos os nosos bocatas (aínda que ao final non nos fixeron moita falta), ordenamos as habitacións e púxemonos en marcha.... direción ao parque Bobbejaanland que está a unha hora en bus do noso albergue.

Sacamos as entradas para o parque e fomos deixar as mochilas na consigna e aí comezou a diversión!

Primeiro falamos das normas: non podiamos ir sós, como mínimo tres e que cada hora íamonos reunindo nun sitio do parque.  Os profes felicitáronnos porque fomos moi puntais e nós sorprendímonos do fácil que aprendimos a movernos polo parque.

A atracción que máis nos sorprendeu foi o Typhoon, que valientes fumos por conseguir montar aí! Que alto, que curvas, que voltas....De tanto berrar algún case se quedou sen voz!

Tamén destacamos Indiana River, El Río... que eran de auga...no que moitos nos bañamos enteiros! Pero deunos igual porque facía calor e ademais, despois montamos noutras atraccións rápidas para secarnos!

Comimos patacas fritas, salchichas ou croquetas e unha bebida.

As 5.30 saímos do parque, fomos os ultimos de todo!

Collimos o bus e paramos un ratiño nun parque moi grande e moi bonito (ao que volveremos outro día) antes de ir ao restaurante a cenar.

Ceamos sopa de verduras, albondigas e puré de pataca.

Despois volvimos ao albergue camiñando e mentres as chicas están na ducha e algúns chicos xogando, os redactares de hoxe estanvos informando.

Un bico enorme e un abrazo forte para todos!

Ari, José e Simón

 

O noso primeiro día

Queridas familias, 

Hoxe, martes 26 de maio comezamos a nosa aventura, estabamos un pouquiño nerviosos...pero conseguimos ser valientes!

Collimos o bus as 9.30 cara a Santiago e ao chegar alí, facturamos as maletas e medio merendamos medio comimos e xogamos un rato antes de pasar o control de seguridad: Que nos fixeron tirar todos os líquidos!!

Despois do control, pasamos pola Duty Free que é unha tenda libre de impostos aínda que nos pareceu un pouco cara! 

Cando localizamos a nosa porta de embarque, sentamonos nos asientos a esperar. Chegado o momento de embarcar, subimos no avión e colocamonos no noso sitio. Aí moitos de nós, si que estabamos nerviosos, pero todo foi ben!

Ao chegar a Bruselas e despois de recoller as maletas, estaban Greet, o seu pai Victor e Bert esperando para recibirnos e acompañarnos de paseo por Bruselas.

Alí vimos a Grand Place que era enorme e moi bonita; o Maneken Pis que é a fonte dun neno facendo pis moiii pequena e comimos uns gofres deliciosos! 

E desde ali, visitamos o Atomium que era impresionante!

Ao chegar ao albergue, había moitos profes dándonos a benvida e coa cena preparada. As familias, ademais de prestarnos os seus sacos, tiñannos preparadas as habitacións. Ao final durmimos todas as chicas xuntas nunha habitación e todos os chicos noutra.

Cenamos, aseamonos e despois de falar un ratiño, tocou irse á cama!

Mañá seguimos, de momento todo vai xenial!

Moitos bicos para todos, 

Alba A e Nuria

Un recorrido por Bélgica

 
Distribuir contido


by Dr. Radut