Skip to Content

Actividades extraescolares

ENTROIDO 2016.

ORDE DO MECO PARA O LUNS

O Nadal

Con moita ilusión celebramos, un ano máis, o Nadal.

No primeiro vídeo podedes ver as actuacións de todos os nosos nenos e nenas no Festival de Nadal

Pero iso non foi todo! Mirade como engalanamos o cole para estas datas co belén de corchos, no que derrochamos creatividade, coa árbore de Libruxa, decorada, entre todos, con desexos, rimas e outras palabras de Nadal.

Ademais, a ANPA propúxonos que cada clase escribira os seus desexos de Nadal para colgar nun globo que vimos voar moi alto.

 

Tamén, tivemos unha visita moi especial, o paxe Real, axudante das súas Maxestades de Oriente, que pasou por todas clases deixando un pequeno agasallo para cada neno e recollendo as súas cartas. E tamén degustamos o riquísimo Roscón de Reis.

Só nos queda desexarvos unhas moi boas festas e un moi feliz 2016 para todos.

Festival Nadal 2015

O vindeiro 17 de decembro celebraremos o Festival de Nadal para as familias.

O horario de actuación dos grupos é o seguinte:

 

Celebración do Magosto

O pasado venres, 13 de novembro, celebramos no noso colexio o tradicional Magosto. 

Gustaríanos agradecer a todos a vosa colaboración, á ANPA por traernos uns bolos preñaos deliciosos e tamén as castañas que José Manuel, Dulce e Ismael asaron para todos e como non, agradecer ás familias por acompañarnos neste día tan divertido.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut