Skip to Content

O noso séptimo día

Ola queridas familias, 

Hoxe foi un día moi bo pero tamén un día moi triste porque era o último día en Bélxica.

Pola mañá, ás 8 levantámonos e fomos desayunar. Despois preparamos o picnic. Cando chegou a profe Lieve fomos andando ata a área recreativa, onde nos dividimos en dous grupos, un quedouse no parque e o outro foi de paseo en bicicleta. Ao cabo dunha hora, tocou cambio. Así, todos puidemos disfrutar das dúas cousas. 

A continuación comimos no parque todos xuntos e despois seguimos xogando, ata que unhas nais viñeron a recollernos para levarnos ao cole. Alí, xuntos cos nosos amigos belgas fixemos varios xogos deportivos: o pañuelo, o brilé, fútbol, etc. Tamén nos invitaron a unha bebida e unha bolsa de patacas fritas. 

Greet entregounos uns premios por participar nos xogos cooperativos o outro día, e todos todos eliximos un pequenos regalo. 

E ás catro menos dez, cada un marchou coa súa familia belga. Uns foron á piscina, outros ao parque, outros na casa... pero todos o pasamos moi ben.

Ás oito e media as familias trouxéronnos ao albergue, e aquí comezou a despedida: abrazos, lágrimas, regalos, fotos e moitos sentimentos xuntos.

Cando as familias marcharon, comezou a operación recollida, que foi unha tarea mooooi complicada!

Agora que xa remata, estamos seguros de que esta viaxe será inolvidable para todos nosoutros.

Mañá xa nos vemos! Un beso forte!

Eliset, Ana T e Iria F

 

 

 



blog | by Dr. Radut