Skip to Content

O noso sexto día

Boas tardes a todos, 

Hoxe foi un día especial no que celebramos o cumple de Iria Fraga, por iso segundo nos levantamos todos lle cantamos o "cumpleanos feliz" e lle demos abrazos e bicos. Despois baixamos a desayunar croissants fresquiños, cola cao, tostadas con mantequilla, mermelada ou nutella e zumo.

Despois, estivemos facendo un pouco de limpieza: a cociña, o salón, os baños...

Como hoxe era o festival no cole belga, pola mañá estivemos practicando os bailes no patio do albergue e os nenos e nenas de 6º B decidiron cambiar de canción. 

Ás 12 empezamos a comer a sopa de tomate (e outras cousas) que nos fixo Lieve, a profe belga de infantil. Estaba moi rica. Tamén comimos restos da barbacoa de onte e de postre, unha sorpresa: tarta de bizcocho, nata, frutas... para celebrar o cumple de Iria. Pasóusenos tan rápido o tempo que nos tivemos marchar sen poder acabar de fregar!

Chegamos ao cole e todos xuntos disfrutamos das actuacións dos nenos belgas e tamén das nosas, que aínda que estabamos algo nerviosos, fixémolo xenial!

Despois do festival, Greet regalounos unha bolsiña con fichas e explicounos que eran para conseguir comidas (salchichas, patatas...), bebidas e tamén para xogar. Nos xogos conseguíamos unhas tarxetas de puntos para intercambiar por xogos e regalos que máis nos gustasen (tazas, pulseras, pendientes, xoguetes, tatuaxes, collares...).

A verdade é que o pasamos xenial, vimos aos nosos amigos e amigas belgas. Había moita moita xente a pesar de que chovía.

Ás 6 collimos o bus para regresar ao albergue, onde empezamos coas duchas e coa preparación da cena, e tamén a fregar todo o que deixamos sen fregar pola mañá.

Foi un día inolvidable. Pero xa nos queda pouco... :(

Alba F, Iria F, David e Rubén.

 

E para que vexades o ben que nos desenvolvemos nas tarefas domésticas, aquí tedes este pequeno collage!

 



blog | by Dr. Radut