Skip to Content

O noso cuarto día

Boas noites, 

Hoxe foi un día movido. Tivemos que madrugar moito porque fomos ao Sur de Bélxica e collimos o bus ás 8.30. Tamén viñeron os nenos e nenas de 5º e 6º do cole belga.

Primeiro fomos ver o cementerio militar da II Guerra Mundial "Henri Chapelle". Era enorme e moi tranquilo. Había tumbas de católicos e de xudíos, as dos católicos eran cruces e as dos xudíos eran estrelas. Buscamos aos tres irmáns que estaban enterrados seguidos pero non todos os encontramos!

Despois comimos algo do picnic alí e collimos de novo o bus para dar un pequeno paseo polo río.

Máis tarde, volvimos coller o bus e fomos facer unha ruta de máis de tres horas polos Ardennes. Alí algúns metímonos no río, empapándonos de todo, saltamos troncos e pedras, atravesamos pontes para cruzar o río, subimos colinas... e pasámolo moi ben! Aínda que tamén nos cansamos un pouco.

E por último paramos nun posto de "friterías" típico belga no que comimos patatas, hamburguesas, nuggets... E tamén tivemos tempo para xogar cos nosos novos amigos belgas un bo rato.

E agora xa estamos de volta no albergue para ducharnos, cenar algo e repoñer forzas!

Un abrazo forte e ata mañá!

Noa, Carla G, Karla B e Azael



blog | by Dr. Radut