Na clase de 5ºB realizamos un cartel para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, que se celebra o vindeiro luns 8 de marzo.
Na primeira avaliación, comezamos a reflexionar sobre o tema nas sesións de igualdade e nesta segunda avaliación, seguimos a traballar nel porque cremos firmemente que podemos e debemos cambiar as cousas.
O cartel que foi elaborado colaborativamente por alumnado da clase presentámolo ao concurso convocado pola Secretaría de Igualdade pero non foi suficiente. Decidimos montar un vídeo explicando o noso traballo no que nos involucramos todos...
Aquí tedes o resultado final!
Sobra dicir, o orgullosa que estou de vós, nenos e nenas de 5ºB, facedes, facemos un equipo fantástico! Nas nosas mans está, seguir apartando pedras do camiño e avanzando cara a igualdade.