Skip to Content

BENVIDA AOS NOSOS COMPAÑEIROS BELGAS

Dende o 26 de maio ata o 2 de xuño de 2012, un grupo composto por 32 alumnos belgas acompañados por catro profesores e a directora do GBS de Bosmier (Balen-Bélxica) estará compartindo experiencias e actividades moi interesantes co noso alumnado. O pasado luns 28 de maio, plantamos un olivo no noso xardín para conmemorar os dez anos de amizade que unen a estos dous centros europeos. Decidimos poñerlle un nome moi especial a esta árbore: "BOSMIER ALEGRE" ou "Formiguiña Alegre" unindo de esta maneira os nomes dos dous centros escolares. No seguinte link podedes ver fotos no Blog do grupo belga para explicar esta experiencia única e manter contacto coas súas familias en Bélxica.

O pasado xoves 31 de maio estivemos todos xuntos no MUPEGA de Santiago de Compostela.



blog | by Dr. Radut