Skip to Content

Educación Infantil

Actividade con kamishibai

Este mércores os nen@s de 5º A  viñeron á biblio para contarnos o conto

de "O NENO E A ESTRELA" sobre Díaz Castro  co soporte de Kamishibai. Estiveron moi atentos e gustoulles moito a experiencia de que nenos maiores lles conten os contos e, aínda encima, empregando este novo soporte para a lectura de contos. Gracias!!!

 

Que comemos das plantas?

   

Os nenos e nenas da clase do caracol recibimos unha nova carta de Agustín. E coa mesma ilusión de sempre acompañámolo nun novo reto no que tratamos dedescubrir que é o que comemos de cada planta: as follas, as flores, as raíces, o talo, etc.

Se queredes botar un vistazo ao noso último traballiño relacionado co proxecto das plantas, mirade o seguinte vídeo!

 

Ademais, despois de que viramos, tocaramos, ulísemos e aprenderamos o nome de cada verdura; Agustín enviounos esta presentación para amosarnos mellor que é o que comemos de cada planta. 

Que comemos das plantas

 
Canto aprendemos grazas a Agustín!!
Vémonos pronto!!

Country in the spotlight: FINLAND

Os nenos e nenas de 4 anos aprenderon moito sobre Finlandia e por iso, o mércores pasado quixeron compartir todo o aprendido con todo o cole. Fixeron un gran traballo!

Se queredes ver como foi a súa exposición, podedes ver o seguinte álbum:

 

Click to play this Smilebox photo album
 

Ademais se queredes ver algúns dos vídeos que nos amosaron, facede click nas distintas imaxes:

           

 

Proxecto as plantas II

Na clase caracol recibimos novas de Agustín esta vez propoñíanos un novo reto que consistia en investigar sobre as semillas e, para isto, deixounos unha caixa con algunhas verduras e froitas sobre as que tíñamos que traballar. Nós puxémonos mans á obra e aquí vos deixamos unha pequena parte da nosa experiencia.



CONTINUARÁ...
Distribuir contido


by Dr. Radut