Skip to Content

blogue deRosana

Symbaloo de recursos TIC

Symbaloo é unha ferramenta de balde que se atopa na web, esta aplicación permítenos crear escritorios virtuais aos que poderemos acceder dende calquera computador, tablet ou dispositivo móbil con conexión á rede. Ten por finalidade a posibilidade de elaborar unha clasificación cómoda e visual das diferentes páxinas (URL) que estamos a empregar de xeito cotiá, polo que teremos á man unha recompilación organizada das nosas páxinas preferidas nun espazo sinxelo de empregar.

VER O SYMBALOO A PANTALLA COMPLETA

 

10 CLAVES PARA USAR INTERNET CON SEGURIDADE

Animación creada por PantallasAmigas para ensinar aos máis cativos as claves da navegación segura. Conta a historia dun grupo de rapaces que deben xuntar as 10 claves para axudar aos seus compañeiros a usar Internet con seguridade.

Ferramentas de autor IV. EDUCAPLAY

Resultado de imagen de educaplay

Educaplay 

É un portal que na actualidade conta con máis de 10.000 usuarios rexistrados e moitísimas actividades creadas.
Pódense elaborar actividades en 9 idiomas e pódense exportar como paquetes SCORM para integralas en plataformas virtuais. Ademais son actividades autocorregibles.
Para poder empezar a facer as actividades só é necesario rexistrarse.
Pódense facer 11 tipos de actividades: MAPA, ADIVIÑA, COMPLETAR, CRUCIGRAMA, DIÁLOGO, DITADO, ORDENAR LETRAS/PALABRAS, RELACIONAR, TEST e COLECCIÓN.

Exemplo: "Educaplay: crea actividades fácilmente para tu clase" 

Taller: https://herramientaseducativasccb.wikispaces.com/Taller+Educaplay

Manual: https://issuu.com/perotin/docs/educaplay

Ferramentas de autor III. HOTPOTATOES

Resultado de imagen de hot potatoes

 Hotpotatoes

HotPotatoes é un conxunto de seis ferramentas de autor que permite elaborar exercicios interactivos baseados en páxinas Web de seis tipos básicos. Os exercicios resultantes pódense publicar en calquera plataforma Moodle, páxina web, ou usar no computador abrindo as actividades co navegador web.

Permite crear diferentes exercicios interactivos e multimedia a partir das 6 propostas de Hot Potatoes:

Curso de hotpotatoes:

 http://www.ite.educacion.es/formacion/materiales/62/cd/indice.htm

Distribuir contido


by Dr. Radut