O pasado mércores 25 de novembro o alumnado de 6ºEP participou, xunto con outros nenos e nenas doutros centros do concello, na VII Marcha ciclista pola igualdade contra a violencia de xénero que, este ano fíxose de maneira virtual.
A actividade consistiu nun circuíto virtual de remudas polo termo municipal, en bicicleta estática, e nun xogo de pistas no que o alumnado debía averigua de que destacada muller galega se estaba a falar e completar un panel.
Para ver a actividade clica na imaxe.