Educación viaria

O xoves 17 de marzo participamos nunha actividade impartida polo Equipo de Educación Viaria do Concello de Narón.

Aprendemos moitas nocións de seguridade na bicicleta, a como debemos movernos pola estrada... Pero, sobre todo, pasámolo xenial!

Grazas Pedro!

EDUCACIÓN VIARIA COAS BICIS - 4º DE PRIMARIA

Xa estamos nas III Olimpiadas escolares de Educación Vial. Nesta ocasión tivemos tres charlas informativas cos seguintes ponentes: a monitora de URBASER, con Gaby Ramos monitor de ciclismo  da Federación Galega e por último coa policía local Sonia. 

Aquí temos algunhas imaxes.

III OLIMPIADAS ESCOLARES DE EDUCACIÓN VIAL 2021

O venres 21 de maio celebramos no colexio a marcha ciclista virtual 12+1, promovida polo equipo de Educación Viaria do Concello de Narón.

O alumnado percorreu, por quendas, as rúas do concello e participou no xogo "RESPONDE E PEDALEA".

Marcha ciclista virtual 12+1

Desde a semana do 19 ao 23 de abril ata o vindeiro 18 de xuño, o alumnado do noso centro participará nesta iniciativa que nos achega o equipo de Educación Viaria do Concello de Narón e que pretende promover a chegada ao cole a pé, en bici, patíns, patinete, etc., percorrendo un tramo mínimo de 250 metros.

LIGA CAMIÑO ESCOLAR SEGURO PEGADAS 2021

O pasado mércores 25 de novembro o alumnado de 6ºEP participou, xunto con outros nenos e nenas doutros centros do concello, na VII Marcha ciclista pola igualdade contra a violencia de xénero que, este ano fíxose de maneira virtual.

A actividade consistiu nun circuíto virtual de remudas polo termo municipal, en bicicleta estática, e nun xogo de pistas no que o alumnado debía averigua de que destacada muller galega se estaba a falar e completar un panel.

Para ver a actividade clica na imaxe.

VII Marcha ciclista "virtual" pola igualdade contra a violencia de xénero

Este ano, o profe de Educación física propúxonos facer as clases dun xeito un tanto diferente: COAS BICIS E PATÍNS.

Educación física sobre rodas

Os alumnos de 5º A e B recibiron unhas charlas sobre educación vial que forman parte das olimpiadas sobre Educación Vial do 2020.

OLIMPIADAS ESCOLARES DE SEGURIDAD VIAL 2020

O venres 18 de outubro tivo lugar o acto de presentación do Consello de Participación Infantil, no salón de plenos do Concello de Narón.

Os nosos representantes foron acompañados da Directora, dada a solemnidade do acto.

Marián Ferreiro foi a encargada de entregarlles nun acto plenario as medallas que acreditan aos alumnos e alumnas dos colexios da cidade como conselleiros e conselleiras de Participación Infantil.

Acto de presentación do Consello de Participación Infantil
Distribuir contido