blogue demarco.schaal

SORTEO XUNTA ELECTORAL

Infórmase que o vindeiro 18 de outubro ás 12:00h terá lugar o sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral.

O sorteo realizarase nas instalacións do centro escolar e estará aberto ao público.

Este proceso realizarase conforme ao disposto na normativa vixente.

Todas as persoas interesadas están convidadas a asistir.

 

SORTEO XUNTA ELECTORAL

DÍA: 18 DE OUTUBRO

HORA: 12:00H.

LUGAR: EDIFICIO ADMINISTRATIVO.

 

BASES DAS AXUDAS ESCOLARES CURSO 2024-25

BASES REGULADORAS  PARA  A  CONVOCATORIA  DE  AXUDAS  PARA  A  ADQUISICIÓN  DE  LIBROS  E  MATERIAL  ESCOLAR  DE  ALUMNAS/OS  DE  EDUCACIÓN  INFANTIL (2º ciclo) E  EDUCACIÓN  PRIMARIA  DO  CEIP  P. VIRXE  DO  CARME.

 

  Adxuntamos as bases da concesión de axudas a familias para a adquisición de libros de texto e material escolar de alumnas/os matriculadas/os en Educación Infantil e Educación Primaria no CEIP P. Virxe do Carme do Concello de Sober.

 

   No apartado de documentación punto 3, di que se necesita un certificado de matriculación expedido polo centro. Este certificado non é necesario porque xa o enviamos directamente desde o centro.

 

   As solicitudes deberán presentarse antes do 15 de outubro de 2024.

Excursión á Casa da Fonte: Un día de aprendizaxe no campo (20/09/2024)

    O pasado venres 20 de setembro, o alumnado xunto co profesorado do colexio tivo a oportunidade de realizar unha visita moi especial á granxa da Casa da Fonte, organizada pola ANPA dentro do programa “Da escola á granxa” da área de Medio Rural da Deputación de Lugo a través do que se financian visitas de escolares de primaria a ganderías, producións agrícolas ou pequenas empresas de transformación.

 

   Nesta visita aprenderon de primeira man o funcionamento dunha gandaría e a vida no campo e descubriron o fascinante mundo da gandaría extensiva, onde visitamos as instalacións e a zona de pasto. Alí explicáronnos as razas de gando que habitan na granxa e como se coidan e manteñen estas especies nun entorno natural.

 

 

    A seguinte parada foi o galiñeiro despois dun pequeno paseo. Aquí aprendemos todo sobre as galiñas de campo: dende onde poñen os seus ovos ata os coidados diarios que precisan, como o cambio da auga e unha alimentación axeitada.

 

   Para finalizar a visita, dirixímonos de novo ás instalacións de fabricación e produción de manteiga. Aquí tivemos a sorte de aprender todo o proceso de elaboración deste produto tan esencial na nosa alimentación. Mostráronnos como se fai a manteiga, explicando a importancia de lavala, darlle forma e, por último, envolvela. Ademais, cada un de nós puido elaborar a súa propia manteiga para levar un recordo moi doce e agradable desta experiencia inesquecible.

 

  Foi unha xornada chea de aprendizaxe e diversión, onde o contacto directo co medio rural nos permitiu coñecer máis sobre o coidado dos animais e os produtos que consumimos a diario.

MOITAS  GRAZAS  Á  ANPA  POLA  ORGANIZACIÓN  DESTA  VISITA!

GALERÍA  DE  IMAXES

 

 

MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-25

Bo día, achegamos a relación de material que solicitamos para o alumnado para o vindeiro curso.

 

 

MATERIAL  ED.  INFANTIL

MATERIAL 1º CURSO

MATERIAL 2º CURSO

MATERIAL 3º CURSO

MATERIAL 4º CURSO

MATERIAIS 5º E 6º CURSO

 

Distribuir contido