Blogues
SORTEO XUNTA ELECTORAL
Enviado por marco.schaal o Mar, 15/10/2024 - 09:44Infórmase que o vindeiro 18 de outubro ás 12:00h terá lugar o sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral.
O sorteo realizarase nas instalacións do centro escolar e estará aberto ao público.
Este proceso realizarase conforme ao disposto na normativa vixente.
Todas as persoas interesadas están convidadas a asistir.
SORTEO XUNTA ELECTORAL
DÍA: 18 DE OUTUBRO
HORA: 12:00H.
LUGAR: EDIFICIO ADMINISTRATIVO.
BASES DAS AXUDAS ESCOLARES CURSO 2024-25
Enviado por marco.schaal o Mér, 25/09/2024 - 11:32BASES REGULADORAS PARA A CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR DE ALUMNAS/OS DE EDUCACIÓN INFANTIL (2º ciclo) E EDUCACIÓN PRIMARIA DO CEIP P. VIRXE DO CARME.
Adxuntamos as bases da concesión de axudas a familias para a adquisición de libros de texto e material escolar de alumnas/os matriculadas/os en Educación Infantil e Educación Primaria no CEIP P. Virxe do Carme do Concello de Sober.
No apartado de documentación punto 3, di que se necesita un certificado de matriculación expedido polo centro. Este certificado non é necesario porque xa o enviamos directamente desde o centro.
As solicitudes deberán presentarse antes do 15 de outubro de 2024.
Excursión á Casa da Fonte: Un día de aprendizaxe no campo (20/09/2024)
Enviado por marco.schaal o Ven, 20/09/2024 - 12:14O pasado venres 20 de setembro, o alumnado xunto co profesorado do colexio tivo a oportunidade de realizar unha visita moi especial á granxa da Casa da Fonte, organizada pola ANPA dentro do programa “Da escola á granxa” da área de Medio Rural da Deputación de Lugo a través do que se financian visitas de escolares de primaria a ganderías, producións agrícolas ou pequenas empresas de transformación.
Nesta visita aprenderon de primeira man o funcionamento dunha gandaría e a vida no campo e descubriron o fascinante mundo da gandaría extensiva, onde visitamos as instalacións e a zona de pasto. Alí explicáronnos as razas de gando que habitan na granxa e como se coidan e manteñen estas especies nun entorno natural.
A seguinte parada foi o galiñeiro despois dun pequeno paseo. Aquí aprendemos todo sobre as galiñas de campo: dende onde poñen os seus ovos ata os coidados diarios que precisan, como o cambio da auga e unha alimentación axeitada.
Para finalizar a visita, dirixímonos de novo ás instalacións de fabricación e produción de manteiga. Aquí tivemos a sorte de aprender todo o proceso de elaboración deste produto tan esencial na nosa alimentación. Mostráronnos como se fai a manteiga, explicando a importancia de lavala, darlle forma e, por último, envolvela. Ademais, cada un de nós puido elaborar a súa propia manteiga para levar un recordo moi doce e agradable desta experiencia inesquecible.
Foi unha xornada chea de aprendizaxe e diversión, onde o contacto directo co medio rural nos permitiu coñecer máis sobre o coidado dos animais e os produtos que consumimos a diario.
MOITAS GRAZAS Á ANPA POLA ORGANIZACIÓN DESTA VISITA!
MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-25
Enviado por marco.schaal o Dom, 08/09/2024 - 09:22Bo día, achegamos a relación de material que solicitamos para o alumnado para o vindeiro curso.
OBRADOIRO: "AGRESIÓN OFF. EU DIGO NON Á VIOLENCIA SEXUAL"
Enviado por monserodriguez o Mér, 04/11/2020 - 15:54O alumnado de 5º e 6º de Primaria asistiu na plaza do Concello a un obradoiro con actividades lúdico formativas chamado "AgresiónOFF. Eu digo non á violencia sexual".
Unha vez tomada a temperatura e desinfección de mans, os alumn@ s dividíronse en dous grupos e comezaron xogando a un Kahoot interactivo sobre "As mulleres na historia", onde tiñan que pescudar cousas como quen foi a muller que tivo que vestir de home para ir a universidade, a muller mexicana que loitou contra os estereotipos da súa época...
Despois, fixeron a actividade "Eu non necesito filtros", que consistiu en mirar a súa imaxe reflectida nuns espellos deformantes e reflexionar como nas redes sociais a xente mostra unha imaxe perfecta non real alterada con filtros e que non nos temos que deixar enganar porque podemos caer en enfermidades como a anorexia, depresión, etc.
Por último, realizaron a actividade "Non me contes contos". Nun computador puxéronlles uns fragmentos de contos, refráns e devanditos populares e tiveron que reflexionar sobre os estereotipos encubertos que hai neles.
Ao final, regaláronlles unas mochilas con agasallos do Obradoiro.