Camiño do Pazo, s/n (Sober) Tfno. 982 87 08 41 e 982 87 08 42.

SOBERICIAS: A radio que che conta as mellores noticias!! (07/04/2017)

     Na nosa biblioteca, extendemos a conmemoración da Semana da Prensa de unha semana a un mes; adicando todo o mes de marzo á prensa escrita e oral.
 
     Despois de todo o traballo que realizaron os nosos radio reporteiros de 3º e 4º de Primaria, xa está dispoñible a I Edición de Sobericias: a radio que che conta as mellores noticias!! onde poderedes escoitar noticias e entrevistas relacionadas co noso centro durante os meses de febreiro e marzo.
 
   Esperamos que vos resulten moi interesantes:

ENCONTRO CON AUTORES: Estefanía Padullés (7/04/2017)

    Hoxe tivemos no centro a visita da escritora e ilustradora Estefanía Padullés quen nos veu a presentar o seu libro Max e Lea.

   Foi moi interesante ver como mentres nos contaba a historia deste dinosaurio que tiña medo á escuridade, ía debuxando aos personaxes do conto.

 Ademais tamén puidemos desfrutar das ilustracións orixinais feitas con acuarela e masilla para acadar relevo.

 

Antes de marchar, Estefanía aínda tivo tempo de firmar no libro da Biblioteca e adicarnos o noso exemplar de Max e Lea.

 

MOITAS  GRAZAS,  ESTEFANÍA!!

UN  PRACER  CONTAR  CONTIGO  NA  BIBLIOTECA!!

 

GALERÍA  DE  IMAXES

DÍA DA SAÚDE (7/4/2017)

Hoxe é o Día da Saúde e para manternos sans....que mellor que un pouco de deporte?

Nas seguintes imaxes, podedes ver ao alumnado de infantil B, 5º e 6º facendo exercicio.

VER  TODAS  AS  IMAXES

OS BIBLIOAXUDANTES CONTAN (7/04/2017)

Hoxe tivemos unha nova sesión de Os biblioaxudantes contan na biblioteca do cole
baseado no libro de Concha Blanco So, Re, Mi Fantasía.
 
Comezaron Gisela e Loïc contándonos O oso azul
 
 
Despois foi o turno de Laura e Henry que contaron Un, dous, tres
 

INGLÉS COS ESCORNABOTS: AÍNDA MÁIS DIFÍCIL!! (5/04/2017)

   Traballar o vocabulario de inglés cos escornabots é algo que os nenos lles resulta moi divertido, interesante e, polo tanto, máis educativo xa que poñen moita máis atención.
   
   Por iso, podemos subir o nivel de dificultade das actividades propostas. Neste xaso, a nosa auxiliar de conversa mezclou tarxetas de diferentes campos semánticos: animais, asignaturas, profesións... aínda así; aos escornabots guiados polos nosos nenos non lles costou atopar as palabras correctas!!!
 

ESPECIAL LA VOZ DE GALICIA: VI SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA (6/4/2017)

    La Voz de Galicia publicou hoxe 6/4/2017 o especial VI Semana Escolar da Árbore e da Auga da Provincia de Lugo onde recollen información desta conmemoración en todos os centros da provincia de Lugo que participaron.     

     Na parte inferior esquerda da portada deste especial, podemos ver aos nosos alumnos Héctor, Ángel e Mateo lendo o libro "Salven os ameneiros"
   Pódense ver todas as imaxes desta conmemoración na dirección web:

MI TAMBOR - Canción infantil (3/4/2017)

    En Educación Musical, es nenos de Infantil están traballando as onomatopeias e os sons fortes e débiles coa canción "Mi tambor" e como aos Escornabots tamén lles gusta a música; fixemos un taboleiro que nos leva de animal en animal mentres cantamos a canción.

 

 
 

DÍA DO LIBRO INFANTIL - CONCURSO GÁLIX (2/4/2017)

   A OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil)  e GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), convocaron o concurso "Andersen hoxe" para alumnado de Primaria.
 
    Neste concurso os participantes tiñan que debuxar un personaxe dun conto de Andersen, tal como sería hoxe en día.
 
   Os traballos xa están enviados...esperemos que haxa moita sorte!!
 

MEDREMOS CO LIBRO! Día Internacional do Libro Infantil (2/4/2017)

    O 2 de abril coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

      Este ano o autor seleccionado para escribir unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, foi o autor ruso Sergey Makhotin que baixo o lema Medremos  co  libro! fala do pracer da lectura infantil.
 
img_oepli

 

    Cando era moi neno gustaba de construír casas con bloques e con xoguetes de todo tipo. No canto do tellado, decotío empregaba un libro infantil ilustrado. Nos meus soños, agatuñaba ao interior da casa, deitábame na cama feita cunha caixa de mistos e ollaba para as nubes ou o ceo estrelado. Dependía da ilustración que máis me gustase.
 
    De maneira intuitiva, seguín a norma vital de cada neno, que procura crearse un medio cómodo e seguro; e un libro infantil de certo axudaba a conseguilo.
 
    Logo medrei, aprendín a ler, e un libro na miña imaxinación comezou a parecer máis unha bolboreta, ou mesmo un paxaro, ca o tellado dunha casa. As páxinas do libro semellaban as ás e crepitaban. Parecía que o libro que xacía na repisa da ventá ía saír voando pola fiestra aberta cara a lugares descoñecidos. Collino e comecei a ler, e o libro comezou a acougar. Logo seguín o libro a outras terras e mundos, expandín así o espazo da miña imaxinación.
 
    Que felicidade ter un libro novo nas mans! Ao principio non sabes de que vai. Resistes a tentación de abrir a última páxina. E que ben cheira! É imposible dividir o seu cheiro nos seus compoñentes: tinta de imprenta, cola... Non, non se pode. Un libro ten un cheiro particular, único e emocionante. As puntas dalgunhas páxinas péganse entre elas, coma se o libro aínda non estivese esperto. Esperta cando comezas a lelo.
 
    Estás a medrar e o mundo ao teu redor está a facerse máis complicado. Estás enfrontándote a preguntas que ningún adulto está preparado para responder. Con todo, é tan importante que compartas as túas dúbidas e segredos con alguén! E velaquí que chega de novo un libro para te axudar. Moitos de nós nos temos sorprendido pensando “este libro vai sobre min!”. E, de súpeto, o personaxe favorito parécese a ti. Ten os mesmos problemas e enfróntase a eles con dignidade. E outro personaxe non se che parece en nada, pero queres que sexa o teu modelo a seguir, queres ser igual de valente ou ter o mesmo enxeño.
 
    Cando un neno ou nena di “non me gusta ler!”, a min dáme a risa. Non lles creo. Seguro que comen xelados, xogan a xogos e ven películas interesantes. Noutras palabras: gústalles divertirse. E ler non é un traballo duro de cara a desenvolver os sentimentos e a personalidade, o que é, antes que nada, é un gran pracer.
 
    E, para iso, especialmente, é para o que os autores escribimos libros infantís!

Escrito por Sergey Makhotin
Traducido por Sabela González Panizo
Ilustrado por Mikhaïl Fedorov

AUDIO:  MEDREMOS  COS  LIBROS!

Alumnos  de  6º de Primaria

PREMIOS CERTAME DE DEBUXO FEIRA DO VIÑO (24/3/2017)

    Hoxe na Casa da Cultura de Sober foi a entrega de premios do III Certame de Bebuxo Infantil da XXXVII Feira do Viño de Amandi que ten como finalidade elaborar un adhesivo para entregar na Feira do Viño a todas aquelas persoas que veñan a visitala e que está aberto a todos os escolares de Primaria da Comarca de Lemos.
 

    O alcalde fixo entrega do premio á gañadora que foi Candela Enríquez Buján de 7 anos do CEIP Monte Baliño de Ferreira de Pantón e que recibiu un premio de 150 € para material escolar.

 

   Todos o participantes recibiron  ademais un diploma e unha simpática bolsa co anagrama do certame.
 
Desde aquí tamén queremos transmitir e sumarnos ao agradecemento que o alcalde 
fixo a todo o alumnado pola súa participación nesta convocatoria!
Distribuir contido