Camiño do Pazo, s/n (Sober) Tfno. 982 87 08 41 e 982 87 08 42.

NA RADIO CON MANOLA PORTO (12/11/2024)

     En 1924 comezaron as emisións legais de radio en España polo que neste ano 2024, a  radio está de aniversario e cumpre 100 anos!!

 

    Por esta razón, tivemos de visita a Manola Porto, xornalista que leva máis de 20 anos traballando na radio da comarca de Lemos e, actualmente, en Onda Cero Monforte. Ela achegouse ao noso estudo de radio para preguntarnos sobre a nosa visión da radio como xornalistas principiantes.

   

Podedes escoitar esta entrevista no seguinte enlace:

 

 

    Despois foron Manuel López, Ada, Antía e Saúl os que tomaron a palabra para entrevistala e manter con ela unha conversa moi interesante que podedes escoitar no seguinte podcast:

 

 

MOITAS GRAZAS  MANOLA  POR  PENSAR  NA  NOSA  RADIO  PARA  ESTE  ANIVERSARIO!!

 

 

MAGOSTO 2024

   No outono pasan moitas cousiñas na natureza e as crianzas de infantil estiveron facendo un proxecto sobre esta estación para coñecer mellor todos eses cambios que se producen: aprenderon que as follas cambian de cor ou caen, que os ourizos caen das árbores e saen as castañas, que hai outros froitos típicos desta época como as landras,as améndoas, as cabazas... e fixeron unha exposición preciosa con produtos desta época do ano.

 

   E o mellor de todo foi que hoxe quixeron compartilo co resto do alumnado do colexio que estivo moi atento ás súas explicacións. Foi unha experiencia estupenda na que os maiores quedaron abraiados de todo o que sabían.

 

Despois de falar tanto do outono e dos froitos secos, chegou o momento de asar as castañas e comelas!

E para isto xs nenxs de infantil xa fixeran unhas cestas con forma de castaña moi fermosas.

 

   

   

Tamén o alumnado de 1º e 2º de Primaria preparou unha exposición de castañas decoradas con moita arte que se pode ver no corredor principal do colexio

  

Foi un día estupendo no que pasamos un rato moi divertido!

 

 

 

GALERÍA  DE  IMAXES

 

VISITA AO PLANETARIO "MATÍAS VÁZQUEZ" DO IES A PINGUELA (30/11/2024)

    O alumnado de 5º e 6º de Primaria estivo de visita no  Planetario Matías Vázquez do IES A Pinguela como actividade final dun proxecto de astronomía que estiveron facendo.

 

   A mestra de matemáticas María Ángeles López foi a encargada de ensinarlle aos nosos alumnos os secretos que se agochan no ceo .

 
 

 

    Moitas grazas ao IES A Pinguela e María Ángeles por esta actividade tan interesante que nos permitirá entender mellor o firmamento cando miremos ao ceo polas noites!

 
 

SAMAÍN 2024

Para celebrar Halloween e Samaín no colexio e na biblioteca fixemos un montón de actividades.

   

Comezamos decorando o colexio con creacións artísticas terroríficas e cunha exposición de cabazas e outros obxectos terroríficos.

 
 

 

Tamén no corredor principal, houbo unha exposición de libros dedicada a lecturas de medo.

 

  Outra actividade que fixemos e que lles gusta moito é o certame de creación literaria no que lle demos ao alumnado o principio dun libro para que reinventara a historia; este ano os libros escollidos foron Morto de fame de El Hematocrítico e As probas do Mago de Vanessa Santiago.

 

     Nestas imaxes podedes ver aos participantes no certame e aos gañadores que nos leron os seus relatos na biblioteca. Se vós tamén queredes escoitar os relatos gañadores podedes facelo nos seguintes podcast.

 
 

 

 

 

 

  Para rematar, tivemos unha festa no patio do colexio onde o pasamos xenial!!

 

 
 
SAÚDOS  TERRORÍFICOS  FAMILIAS!!!

GALERÍA  DE  IMAXES

 

 

 

ANIMACIÓN Á LECTURA CON SABELA GAGO (29/10/2024)

   Hoxe todo o alumnado do colexio asistiu na biblioteca a unha sesión de animación á lectura coa actriz Sabela Gago da man da editorial Vicens Vives.

  

 

   Foi unha actividade moi divertida e participativa na que as crianzas do colexio souberon das aventuras das pantasmas Felipe e Felipa que buscaban un lugar no que vivir.

 
 

 

Podedes ver máis imaxes na GALERÍA  DE  IMAXES

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2024

    Desde 1997, o día 24 de outubro, conmemórase oDía das Bibliotecasco "obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao traballo dos bibliotecarios/as".

 

    Nós aproveitamos esta conmemoración para inaugurar o curso na biblioteca do cole facendo diferentes actividades. O primeiro que estivemos facendo foi formación de usuarios para lembrar as normas da biblioteca, a CDU, as etiquetas dos libros...

 

 

   Pero, sobre todo, estivemos facendo fincapé na organización da biblioteca xa que, coa axuda dos biblioaxudantes, estivemos facendo cambios na distribución dos andeis.

 
 
 

Ademais da formación de usuarios tamén entregamos os premios aos participantes no reto lector do verán do curso 2024:

 

 

   Para rematar esta conmemoración todo o alumnado recibiu o marcapáxinas conmemorativo deste día escrito polo colectivo Erre que Erre como texto agasallo para o Colectivo Lemos Le que este ano dedicará o traballo do curso á proposta para o Día das Letras Galegas: á tradición oral; concretándoa nos brindos de A Pobra do Brollón.
 
 
FELIZ  DÍA  DAS  BIBLIOTECAS!!
 

CLUB DE LECTURA (1 -2024/25)

 COMEZA  O  CLUB  DE  LECTURA!!

  Hoxe temos a primeira sesión do club de lectura deste curso ao que se apuntaron todos os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria!!

   Nesta primeira xuntanza, os membros do club cubriron unha enquisa inicial para coñecer mellor que esperan do club e das reunións e os seus gustos e hábitos lectores.

 
 
 

   Rematamos repartindo o primeiro libro de lectura deste ano: O misterio dos bailaríns. Penca de prata escrito por Arthur Conan Doyle.

BOAS  LECTURAS!!

 

 

EXCURSIÓN A SANTIAGO: CONCERTO DIDÁCTICO E VISITA AO MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS (24/10/2024)

     O alumnado de Primaria participou nunha excursión a Santiago de Compostela.

   Pola mañá asistimos ao Concerto Didáctico organizado pola Sinfónica de Galicia no Auditorio de Santiago "O grande Beethoven" en colaboración co Servizo Educativo da Casa da Música de O Porto.
 
  Durante este concerto puidemos achegarnos á vida deste compositor tan importante e aos instrumentos que compoñen a orquestra a través dun espectáculo moi didáctico e divertido.
 
 
 
 
 
    Pola tarde fixemos unha visita ao Museo das Peregrinacións para coñecer mellor a historia da cidade de Santiago e das peregrinacións.
  
    Nesta visita aprendemos moito sobre a orixe e a evolución da Catedral, o Camiño de Santiago, a orixe das peregrinacións, a iconografía sobre Santiago Apostol e a evolución da propia cidade.
 
 
 
 
 
 

DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE MAMA (19/10/2024)

  Con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama que se celebra o 19 de outrubro, quixemos sumarnos á campaña "Contigo o rosa é máis que unha cor"  organizada pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC).

 

    A proposta consistía en facer un lazo humano entre xs docentes e o alumnado do centro para visibilizar a loita contra este tipo de cancro que é o máis frecuente na muller en todo o mundo; así que aquí vos deixamos a nosa achega contra este tumor.

 

 

Distribuir contido