Camiño do Pazo, s/n (Sober) Tfno. 982 87 08 41 e 982 87 08 42.

Scratch con Elías e Rocío - 3º e 4º de Primaria (8 - 5 - 2017)

   Desta sesión de Scratch non queremos contarvos nada; xa que Elías, Rocío e os alumnos de 3º e 4º están preprando algo que vos vai a sorprender... 
 
   O que si que vos contamos é que para este proxecto tiveron que aprender entre outras cousas, a traballar co eixe de coordenadas.
 
Intrigados?
 
 Aquí vos deixamos un par de pistas
 

PROGRAMA FUMATAS: Prevención do tabaquismo

   Como cada ano, Luisa Astray, educadora social e responsable  de prevención da Unidade Asistencial de Prevención de Drogodependencias de Monforte de Lemos, ven de adicar dúas sesións de traballo aos rapaces e rapazas do 3º ciclo sobre os riscos e tipos de dependencias; centrándose no tabaquismo: riscos, consecuencias, composición...

    Nesta primeira sesión, ademais de conversar e concienciar aos nenos e nenas sobre todos os inconvintes deste mal hábito, o alumnado levou a cabo un experimento co que puideron decatarse dos residuos que un só cigarro deixa no algodón e que son os mesmos que deixaría no noso pulmón.


GALERÍA  DE  IMAXES

SCRATCH CON ELÍAS Y ROCÍO - 3º y 4º de Primaria

Os alumnos de 3º e 4º seguen ampliando conceptos no entorno de Scratch da man de Rocío e Elías.
 
 Nesta sesión traballaron os disfraces dos obxectos, cambios de escenarios e intercambio de mensaxes.
 
    Despois aplicaron o aprendido para facer un programa no que a través do intercambio de mensaxes, os obxectos mudaban de apariencia e a súa vez cambiaban de escenario.
 
 
 
MOITAS  GRAZAS!!

AS FAMILIAS CONTAN - Familia de PILAR (28/4/2017)

Maite, a nai de Pilar, foi a persoa que hoxe veu voluntariamente a contarnos un conto.

A historia escollida foi un conto clásico: Bambi do libro Tesoro de clásicos.

 


MOITAS  GRAZAS  POLA  TÚA  COLABORACIÓN!!

EXCURSIÓN A SANTIAGO (28/4/2017)

    Santiago de Compostela é unha cidade que ofrece moitas posibilidades para o alumnado.

    Unha destas actividades son os Concertos Didácticos organizados no Auditorio de Galicia anualmente pola Real Filarmonía de Galicia.

    O concerto ao que asistimos este curso foi Pedro e o Lobo, unha sinfonía musical para nenos escrita por Serguéi Prokofiev en 1936 por encargo do Centro de Teatro Infantil de Moscú coa intención de divulgar a cultura musical nos nenos.

 

   Esta pequena sinfonía conta a historia dun neno chamado Pedro, que vive nun pobo de Rusia onde están atemorizados por un lobo do bosque. Se queres saber máis desta historia, aquí deixamos a versión do programa "El Conciertazo"

   Pola tarde, visitamos o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela; onde puidemos averiguar moito dos seres vivos e dos seus ecosistemas.

 

 

 

 

 

Tamén nos ensinaron moitas cousa relacionadas cos minerais e as rcohas.

Para rematar, puidemos xegar unha partida á oca científica na que repasamos todo o aprendido neste Museo

  Para  ver  todas  as  imaxes  desta  excursión, preme  na  GALERÍA  DE  IMAXES

NAVEGA CON RUMBO (25/4/2017)

    Hoxe chega aos nosos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo presentado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) en colaboración coa Xunta de Galicia coa finalidade de ensinar a navegar pola red.
 
   Sabemos que internet é divertido e útil: podes buscar información, xogar, comunicarte... pero hai que facelo con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. Para concienciarnos, Iván, colexiado do CPEIG, presentounos esta diapositiva da Oficina de Seguridade do Internauta (www.osi.es) na que nos advirte dos riscos de cada dato que publicamos.
 
 
     Ademais lles deu pautas de comportamento e lles expuxo recomendacións e consellos para conseguir "navegar con rumbo" e seguridade como os referidos ao usuario e contrasinal
 
   Outra parte da sesión estivo adicada a qué facer se por desgracia chagas a ser unha vítima de internet:
 
     Para rematar, podemos resumir as ensinanzas de hoxe en tres consellos:
 
- NON  FAGAS  NADA  POR  INTERNET  QUE  NON  FAGAS  NA  VIDA  REAL
 
- SOLUCIONAR  UN  PROBLEMA  É  MÁIS  FÁCIL  CANDO  ACABA  DE  COMEZAR
 
- PIDE  AXUDA  A  UN  ADULTO ANTE  CALQUERA  COUSA  QUE  TE  INCOMODE
 
MÁIS  INFORMACIÓN  NA  WEB: www.navegaconrumbo.es

SCRATCH CON ELÍAS E ROCÍO - 3º y 4º de Primaria

   Despois de que o alumnado de 1º e 2º de Primaria traballara con Scratch Junior, agora é a quenda dos nenos e nenas de 3º e 4º. Estes alumnos traballarán coa plataforma Scratch para aprender fundamentos básicos de programación dun xeito sinxelo.

   O primeiro que nos explican Rocío e Elías é que é programar e onde podemos atopar programación hoxe en día: ordenadores, electrodomésticos, semáforos...

   A continuación explicáronnos cales son as ordes básicas deste programa a través dunha aplicación práctica con todos os nenos e nenas da clase.

 

 
 
   Despois de familiarizarnos coas ordes e a súa representación pasamos aos ordenadores onde comezan a traballar con fondos, cambio de personaxes e da súa apariencia...
 
ESTAMOS   DESEXANDO  QUE  CHEGUE  A  SEGUINTE  SESIÓN!!

APADRIÑAMENTOS LECTORES

    Este ano organizamos a actividade de apadriñamentos lectores un pouco diferente.
 
   Os biblioaxudantes organizáronse en 5 grupos cun espacio e cun libro cada grupo. O resto do alumnado do centro repartiuse en 5 grupos que ían pasando dun libro a outro.
 
 
    Na biblioteca estaban Marco, Henry e Mateo para recitar poemas
de Plumilindo (El cisne que quería ser pato) escrito por Gloria Fuertes.

 

  No Salón de Actos, Ángel e Jazmin esperábannos con Un libro de Herbé Tullet.

 

No comedor estaban Loïc e Manuel para lerlles El pez de oro escrito por Alexander Pushkin.

 

 Xa no patio esperaban Rocío, Gisela e Héctor co libro Cinco minutos de paz de Jill Murphy.

 

   E no parque infantil Herbert e Laura Melinda narraban Onde viven os monstros escrito por Maurice Sendak.

 

ESTRAFALARIA (20/4/2017)

 

    Hoxe asistimos no Centro Sociocultural de Sober ao contacontos Estrafalaria de Xarope Tulú organizado polo Departamento de Cultura do Concello de Sober.
    Esta é a primeira das actividades programadas para conmemorar o Día do Libro na que ademais de escoitar variadas e divertidas historias, temén tivemos tempo de bailar.
 

OS BIBLIOAXUDANTES CONTAN UNHA LENDA INGLESA (19/4/2017)

    Os biblioaxudantes de sexto prepararon a dramatización da lenda inglesa "A calzada dos xigantes"   

   Nela cóntase a historia do xigante escocés Bennandoner e de Finn, un xigante irlandés que se levaban moi mal.

   Un día o xigante escocés decidiu tirar unha montaña ao mar para cruzalo e derrotar ao seu adversario.

   A muller de Finn, Oonagh, viu como se aproximaba Bennandoner e decidiu engañalo. Ao final, non venceu a forza de ningún dos dous xigantes senón o enxeño de Oonagh.
 
 
 
Distribuir contido