Camiño do Pazo, s/n (Sober) Tfno. 982 87 08 41 e 982 87 08 42.

APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR (Texto: Asesoría Bibliotecas Escolares)

 

    "Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para as bibliotecas do PLAMBE durante o curso 2017/2018.
 
    O encargado de ilustrar este lema foi Xosé Tomás profesor de inglés no CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal) quen debuxou a biblioteca escolar como un espazo que acolla a todos e todas e que teña a capacidade de "abducir" as persoas usuarias, de trasladalas a situacións gratas de aprendizaxe. 
 
    Unha biblioteca escolar supón unha oportunidade única para axudar a nenas e nenos a desenvolver o seu pensamento crítico, para "aprender a pensar".
 
   APRENDER A PENSAR a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións. 
 
    APRENDER A PENSAR co cine e coa música. 
 
   APRENDER A PENSAR a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas. 
 
   APRENDER A PENSAR baixo a guía e orientación dun profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e, tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos  para desenvolver o pensamento complexo. 
 
   APRENDER A PENSAR nas clases, pero tamén fóra das aulas regladas, onde a vida flúe en todo o seu misterio. 
 

  A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca vivir. 

Texto orixinal: Asesoría Bibliotecas Escolares de Galicia

 

REUNIÓN INICIAL PARA PAIS/NAIS OU TITORES

12/09/2017 23:07
Europe/Madrid

12  DE  SETEMBRO

 REUNIÓNS  COLECTIVAS  CORRESPONDENTES  Á  1ª AVALIACIÓN

  PARA  OS  PAIS,  NAIS  OU  TITORES  DO  NOSO  ALUMNADO

COS  SEUS  CORRESPONDENTES  PROFESORES:

15:45 HRS :  EDUCACIÓN INFANTIL

16:15 HRS:  1º,  2º,  3º e  4º DE  PRIMAIRA

17:15 HRS:  5º  e  6º  DE  PRIMARIA

 

CALENDARIO ESCOLAR 2017/18

 DÍAS  NON  LECTIVOS  DO  CENTRO:

18  de  setembro

18 de maio

2017/2018

BENVIDOS AO  NOVO  CURSO  ESCOLAR  2017 / 2018

lápiz animado

O 11 de setembro no horario habitual (9:45 - 15:45);

comeza o novo curso escolar para Ed. Infantil e Primaria.

Esperamos que veñades con moita ilusión despois de todo o verán, con entusiasmo

e cun montón de ganas de aprender cousas novas.

 

Estámosvos esperando... BENVIDOS!!

VACACIÓNS DE VERÁN

24/06/2017 12:35
10/09/2017 12:35
Europe/Madrid

Remata o curso e chegan as vacacións de verán...

Esperamos que disfrutedes moito e veñades con enerxías renovadas en Setembro

BO  VERÁN  A  TODOS!!!

FESTIVAL DE FIN DE CURSO (23/6/2017)

Finaliza o curso 2016/17 e chega o verán!

    Para rematar con ledicia, preparamos o noso festival con pequenas representacións teatrais, actuacións musicais e acrosport.

    A continuación deixámosvos uns vídeos de cada unha das actuacións esperando que vos gustasen moito e que disfrutarades delas.

 

   E para rematar, deixámosvos un vídeo e unhas imaxes das despedidas que o fin de curso trouxo consigo. Por unha banda os alumnos de 6º de Primaria (Jazmin, Rocío, Herbert y Marco)  que nos deixan para marchar ao instituto, e por outra o noso director, José Manuel López Santos, que ben merece unha boa xubilación despois de tantos anos adicados á docencia.

   Desde o centro, toda a comunidade educativa desexámosvos o mellor nesta nova etapa das vosas vidas.

 

FELICES  VACACIÓNS  E  BO  VERÁN  PARA  TODOS!!

LETRAS GALEGAS 2018

    O Día das Letras Galegas 2018, estará adicado a profesora e escritora María Victoria Moreno Marquez (1941 - 2005) segundo fixo público a Real Academia Galega que destacou á súa contribución á literatura en galego para os máis novos; tanto en literatura infantil coma xuvenil.
    María Victoria convértese na cuarta muller en ser homenaxeada co día das Letras Galegas en 55 anos de historia das mesmas.
 

   Esta muller extremeña, chegou a Galicia en 1963 como profesora e axiña asumiu a cidadanía galega e o idioma que enriqueceu coas súas publicacións tanto en narrativa como en estudos literarios, poesía e didáctica da lingua e da literatura.

 
  Seguro que para o próximo curso, habemos aprender moitas cousas sobre ela!

OBRADOIRO AUDIOVISUAL: VOLUNTARIADO DE LECTURA - A

     Xunto con outras sete bibliotecas de colexios galegos, o equipo de Biblioaxudantes do noso centro foi seleccionado na convocatoria da VOLUNTARIADO DE LECTURA - A para o curso 2016/2017.
 
   Por esta selección, recibimos no centro un obradoiro audiovisual para o alumnado participante neste voluntariado das mans de gingko - comunicación e educación
 
 Neste obradoiro, Roi Guitián explicloulles aos biblioaxudantes que é e como facer un booktrailer.
 
 
     Unha vez familiariazos con este formato, a proposta foi elaborar o seu propio booktrailer. Para isto, por grupos elexiron un libro, fixeron o storyboard, fotografías, vídeos, crearon personaxes, animacións, voz en off... resumindo, todo o necesario para elaboralos!
 
 
 
 E así de impresionante foi o resultado deste obradoiro tan interesante
ao que seguro que lle sacamos moito partido en próximas produccións do centro!!
 
 
 
 
 
Moitas grazas a Roi de gingko comunicacións polas súas ensinazas e
por facer este obradoiro tan dinámico
 
Finalmente o día rematou coa entgrega de diplomas aos biblioaxudantes:

MOITAS  GRAZAS  A  ASESORÍA  DE  BIBLIOTECAS  POR  ESTE RECOÑECEMENTO!

GALERÍA  DE  IMAXES 

 

PREMIOS AOS MÁIS LECTORES (15/6/2017)

   Aquí están recollendo o seu premio os máis lectores da biblioteca: os nenos e nenas que máis libros levaron en préstamo durante este curso.

 Esperamos que o próximo curso a lectura siga formando parte da vosa vida!!!
Distribuir contido