Camiño do Pazo, s/n (Sober) Tfno. 982 87 08 41 e 982 87 08 42.

50 ANIVERSARIO - LA VOZ DE GALICIA (22/05/2024)

 

 

LA  VOZ  DE  GALICIA, 22/05/2024

 

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS (20/05/2024)

    Desde 1977, o 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos (DIM) para concienciar sobre o feito de que os museos son un importante medio para o intercambio cultural, o enriquecemento das culturas e o desenvolvemento da comprensión mutua, da colaboración e da paz entre os pobos.

    Nós quixemos converter o colexio nun gran museo e para iso convertemos os corredores principais en galerías con afamadas obras pictóricas que os alumnos e alumnas de primaria reproduciron. Ademais o propio alumnado foi o encargado de realizar unha visita guiada polas súas obras.

 

  Comezamos a visita na galería de Infantil A, estas crianzas pequeniñas reproduciron "O grito" de Munch, "Noite estrelada" de Van Gogh e "Estudio da cor. Cadrados con círculos concéntricos" de Kandinsky.

  Ademais explicáronos moitísimas cousas e curiosidades sobre estas obras.

   Na exposición correspondente á aula de Infantil B, achegámonos ao puntillismo, que é unha técnica artística que consiste en facer unha obra mediante pequenos puntos, como ben nos explicaron os alumnos desta aula.

 

    Subimos as escaleiras e atopámonos coa exposición de 1º e 2º de Primaria dedicada a Kandinsky que foi un pintor ruso considerado como un dos fundadores do abstracto. Estes alumos presentáronnos dúas obras "Several circles" e "Árbore da vida"

 
 

   Continuando o percorrido chegamos ao espazo de 3º e 4º de Primaria. Eles reproduciron varias cadros do pintor catalán J. Miró, un pintor ao que lle gustaba pintar animais; sobre todo os ollos dos animais por iso hai tantos nas súas obras. 

    Primeiro observamos "O xardín"

 
 

  E despois "Muller con bonito sombreiro e estrela" e "Amencer"

 

 

 

   Para rematar, achegámonos ao recuncho de 5º e 6º de Primaria que estiveron reproducindo arte aborixe australiano e cadros de orixe xaponés.

 

 

 

 

 Así, despois de aprender moitísimas cousas sobre a pintura e os museos,  finalizou a nosa visita ao Museo do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme!!

Feliz Día dos Museos!!

  

LA JOYA INTERIOR (19/05/2024)

  Cremos que nesta sociedade na que vivimos, cada vez é máis importante traballar a autoestima dos rapaces e das rapazas. Con esta finalidade estivemos traballando co libro La joya interior de Anna Llenas.

    Este libro fala de cada un de nós centrándose no eu, aínda que tamén explica a importancia dos demais á hora de descubrir a nosa xoia interior, de valorarnos e sentirnos queridos porque é moi importante querernos tal como somos.

   Con esta finalidade deberiamos ser conscientes das nosas emocións, ser capaces de falar delas, darlles a importancia que teñen; e tamén ser conscientes das nosas capacidades e dos aspectos que poderiamos mellorar.

  A idea principal é que de pequenos todos nacemos cunha xoia interior que é a nosa esencia pero que é necesario coidala e protexela para non perdela polo camiño cara a idade adulta nin por nós mesmos nin polo que nos poidan dicir aqueles que nos rodean.

  Para que o alumnado de 6º de Primaria non perda a súa esencia, quixemos facer as nosas propias xoias con arxila e decoralas para que nos lembren a nosa xoia interior.

 

 
 

 

50 ANIVERSARIO - DIARIO DE LEMOS (17/05/2024)

Podedes acceder á publicación do Diario de Lemos no seguinte enlace:

DIARIO DE LEMOS, 17/05/2024

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

   Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ata o 21 de xuño de 2024 incluído.

 

BENEFICIARIOS: alumnado de Educación Primaria.

 

MODALIDADES:

  • Fondo Solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de Educación Primaria.

  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.

  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado de Educación Primaria.

 

REQUISITOS:

  • Fondo Solidario de libros de texto: ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2023/2024 ou do fondo de libros do colexio, de ser o caso, antes do 21 de xuño de 2024.

  • Axudas para libros de texto: renda per cápita familiar igual ou inferior a 10.000€ (Renda de 2022).

  • Axudas para material escolar: renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ (Renda de 2022)

 

PARA  CALQUERA  DÚBIDA  SOBRE  ESTE  PROCESO,  PODEN POÑERSE  EN  CONTACTO  COA  DIRECCIÓN  DO  CENTRO.

 

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2024: xoves

    Para rematar a Semana das Letras Galegas con actividades dedicadas a Luísa Villalta, fixemos entrega dos premio acadados no Certame de Investigación Letras Galegas.

 

   Primeiro démoslle un agasallo a todos os nenos e as nenas que decidiron participar neste certame investigando sobre Luísa Villalta e a súa obra.

 
 

 

  Despois entregamos os premios a todos aqueles nenos e nenas que fixeron unha investigación perfecta sen ningún erro. Este premio consistiu nun libro e nun chaveiro co mapa de Galicia impreso en 3D.

 

 

FELIZ  DÍA  DAS  LETRAS  GALEGAS!!

 

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2024: martes e mércores

     O martes e o mércores adicámolos a traballar con varios textos da autora de diferentes xéneros literarios. As biblioaxudantes Nayara e Daniela que tamén son membros do club de lectura foron as encargadas de preparar a lectura dos textos para o resto do alumnado.

 

  Despois de escoitalas fixemos unhas fichas relacionadas cos textos lidos repartidos en grupos internivel.

 

 

 

XA TEMOS CARTEL PARA CONMEMORAR O 50 ANIVERSARIO DO COLE

  Hoxe descubrimos o cartel oficial da conmemoración do 50 aniversario do cole!!

 

 

  Para a composición final do cartel, utilizamos os debuxos orixinais de Laura Trigo e de Candela que recibiron o seu merecido premio!!

 

Na parte superior podedes ver as letras coloridas de Laura Trigo que indican o motivo da nosa conmemoración: o 50 aniversario!

 

 

  No centro atopamos a proposta de Candela que nos mostra como cambiaron as aulas e a forma de dar clase desde 1974 ata 2024.

  Na aula de 1974 atopamos un encerado tradicional cunha raíz cadrada, un mapa, un crucifixo, o globo terráqueo e o retrato de Franco, mentres que na aula de 2024 podemos ver novas tecnoloxías como os ordenadores ou o encerado dixital; se ata o nome cambiou nestes 50 anos pasando de COLEGIO PÚBLICO DE EGB VIRXE DO CARME a CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME!

 

 

  Ademais tamén fixemos entrega de agasallos a todos os alumnos e alumnas que participaron no certame.

 

MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  PARTICIPACIÓN!!

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2024: luns

 Durante a Semana das Letras Galegas, o alumnado do cole estivo desenvolvendo varias actividades arredor da escritora Luísa Villalta homenaxeada este ano.

 

   Primeiro achegámonos á súa biografía da man dos biblioaxudantes Carlota, Germán e Javier que como tamén son membros do club de lectura, xa coñecían a esta autora polo traballo realizado nas últimas sesións do club e con esa información prepararon un resumo da súa vida ademais de compartir co resto do alumnado o vídeo elaborado polo alumnado do CEIP Chans - Bembrive coa música "I love it" de Icona Pop con letra e voz de Ana M. García.

 

 

  Despois presentamos o Certame de Investigación Letras Galegas sobre o autora homenaxeada no que lle propuxemos ao alumnado unha batería de preguntas sobre a súa vida e a súa obra basadas no material publicado polo Seminario Galán.

 
   Dependendo do nivel ao que ían dirixidas, as repostas ás preguntas podíanse encontrar nos carteis recibidos ou ampliando información a través da investigación.
 

 

    O alumnado de Infantil tamén se achegou á vida desta autora cunha pequena ficha que incluía un código QR con información adaptada á súa idade.

 

CLUB DE LECTURA (14 / 2023 - 204)

   Queremos seguir coñecendo a Luísa Villalta e para iso hoxe comezamos o libro Tinta do mar. Pequena biografía de Luísa Villalta escrito Polo Correo do Vento da colección Mulleres Galegas.

  Tras a lectura das primeiras páxinas, lemos tamén uns pequenos caligramas: o primeiro recolle en forma de violín datos importantes da súa biografía e o segundo é un fragmento do seu poema á Torre de Hércules.

 
 

 

   Despois rematamos a sesión co visionado da biografía musical da autora elaborada polo alumnado do CEIP Chans - Bembrive coa música "I love it" de Icona Pop con letra e voz de Ana M. García.

 

 
 
 
Distribuir contido