FUMATAS: programa de prevención do tabaquismo (Novembro 2023)
Un ano máis, Luisa Astray, educadora social e responsable de prevención da Unidade Asistencial de Prevención de Drogodependenciasde Monforte de Lemos, adicou tres sesións de traballo aos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria sobre os riscos e tipos de dependencias.
Nestes obradoiros o tema principal é o tabaco: composición, riscos, consecuencias, efectos... para intentar que os alumnos e alumnas adquiran hábitos e actitudes saudables e non cheguen a ser fumadores no futuro.
Ademáis de darlles información sobre esta substancia, realizan experimentos nos que poden observar como o feito de fumar prexudica gravemente a nosa saúde.
Tamén puxeron en común fórmulas para rexeitar os ofrecementos de tabaco e asinaron un contrato de compromiso no que se asinaron que non ían a fumar no futuro.
A ÁRBORE DOS DESEXOS DE NADAL (Nadal 2023)
Cada ano facemos adornos novos para a nosa árbore de Nadal que signifiquen algo para o noso alumnado e que teñan sentido para eles.
Este ano quixemos traballar cos desexos de Nadal dos nenos e as nenas facendo unha reflexión sobre o consumismo destas datas e a importancia real dos agasallos. Despois cada un de nós escribiu o seu desexo de Nadal nunha etiqueta que colgamos da ÁRBORE DOS DESEXOS.
MIRADE QUE BONITIÑA QUEDOU!
OXALÁ SE CUMPRAN TODOS OS DESEXOS!
ADIVIÑAS DE OUTONO
Unha parte importante da nosa identidade e da nosa cultura está formada pola tradición e a sabedoría popular.
Este ano quixemos seguir recollendo parte desa tradición popular e por iso trocamos os refráns do ano pasado por adiviñas.
No seguinte videos compartimos as adiviñas que o noso alumnado e as súas familias nos fixeron chegar coa súa correspondente solución.
Preparados para poñer as neuronas a funcionar??
MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POR PARTICIPAR
NA TRANSMISIÓN DESTAS ADIVIÑAS!!
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE (4/12/2023)
O 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade desde que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1992 aprobou este día para concienciar sobre a situación destas persoas e para promover os seus dereitos e o seu benestar en todos os ámbitos da sociedade.
Esta obxectivo recóllese tamén nos obxectivos da Axenda 2030: Obxectivo 10: Redución das desigualdades.
No centro quixemos conmemorar este día lendo o libro A Marela ou amarela? escrito por Manu Sobral e ilustrado por Manu Martínez.
Os biblioaxudantes contáronnos esta historia na que a protagonista ten daltonismo, un problema de visión que fai que confunda algunhas cores.
Despois reflexionamos sobre as consecuencias que este problema de visión pode ter para a vida diaria e puxemos en común outros problemas de visión que poden limitar a nosa vida: poden conducir os daltónicos? como combinan a súa roupa? e como farán para colorear un debuxo?
A continuación deixámosvos unhas probas para que comprobedes se vedes ben os números e as formas agochadas; para facelas, teredes que seguir o enlace.
https://www.es.colorlitelens.com/images/tesztek/kids-test/colorblind-test-for-kids.html |
https://www.es.colorlitelens.com/Ishihara-test-de-daltonismo |
Se vedes distinguístedes todo perfectamente, tedes unha visión estupenda; se non... teredes que ir ao oculista pero non vos preocupedes porque como di o conto...
MASA NAI (OUTUBRO - NOVEMBRO 2023)
Nesta avaliación desenvolvemos no centro o proxecto MASA NAI coa intervención da cooperativa Outonía, para promover a coeducación. Este proxecto foi organizado pola ANPA a través das axudas da Secretaría Xeral de Igualdade.
A actividade recibe o seu nome da comparación do proceso de educación co proceso de fermentación desta masa e desenvolveuse en torno a catro liñas de actuación que simbolizan os ingredientes que se necesitan para elaborar masa nai:
- A AUGA serían os obradoiros realizados co alumnado de Infantil e Primaria en torno á ruptura de estereotipos de xénero e á sensibiblización e educación en favor da igualdade favorecendo o bo trato entre as crianzas, fomentando o pensamento crítico e previndo condutas machistas.
- A FARIÑA é a liña que ten como eixe o patio entendido como lugar de aprendizaxe e socialización promovendo un uso non sexista do mesmo e incentivando o xogo cooperativo. Para iso recolléronse as ideas de alumnxs e mestrxs e deseñouse unha proposta de intervención no espazo físico que se levou a cabo de maneira colaborativa.
EXCURSIÓN A SANTIAGO (1/12/2023)
Este ano volvemos a participar nos concertos didácticos que organiza o Concello de Santiago de Compostela en colaboración co Auditorio de Galicia para estudantes de Primaria.
Nesta ocasión fomos a ver Pulcinella e a máscara máxica, adaptación dun fragmento da Suite para orquestra do mesmo nome de Igor Stravinsky.
Despois do concerto xantamos na Residencia Universitaria Burgo das Nacións e pola tarde fixemos unha visita guiada ao Museo de Historia Natural de Santiago.
Durante a visita pudiemos ver as diferentes zonas do museo:
Xeodiversidade: minerais, xemas, rochas, fósiles...
Biodiversidade:
Biodiversidade mariña: moluscos, invertebrados, algas, tartarugas...
Biodiversidade terrestre mundial: biomas, sabana, selva...
Biodiversidade terrestre galega: fragas, augas continentais...
Podedes ver moitas máis imaxes desta excursión na GALERÍA DE IMAXES.
EXPERIMENTOS NA BIBLIO - 2023
Novembro é o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas; por esta razón, o noso alumnado estivo facento durante este mes experimentos e outras experienciasn científicas que lles axudaron a ampliar o seu coñecemento sobre o mundo que nos rodea.
Compartimos a continuación varios vídeos dos experimentos do alumnado de Primaria:
CONCURSO DE CONTOS DE OUTONO
O alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nun concurso de contos de outono organizado pola súa mestra de Lengua Castellana.
Neste podcast poderedes escoitar os relatos gañadores de Antía Gago e Carlota Fernández.
AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Anxo (27/11/2023)
Hoxe tivemos unha nova sesión da actividade As familias contan da man de Sabela, tía do noso compañeiro Anxo.
Eles elixiron para compartir con nós o libro favorito de Anxo: A pantasma coas bragas rotas escrito por Jose Carlos Andrés.
Todos os habitantes de Castrelo Pesadelo viven aterrorizados por A pantasma das bragas rotas que pasa todo o día asustándoos e non os deixa vivir nin durmir tranquilos.
Para acabar con este problema reúnense todos na praza para decidir que facer coa pantasma e como solución ocúrreselles ir a falar con ela e dicirlle que xa está ben de tanto susto.
Pero todos os que intentan ir a falar con ela acaban escapando mortos de medo!
Ata que a Fina, a avoíña, se lle ocurriu a solución perfecta!
Regalarlle unhas bragas novas!!
A partir dese momento a pantasma deixou de asustar a todos; pero non para sempre porque cando se lle volven a romper as bragas, empeza a berrar outra vez: SON A PANTASMA DAS BRAGAS ROTAS!
Eso si, agora os habitantes de Castrelo Pesadelo xa saben a solución: REGALARLLE UNHAS BRAGAS NOVAS!
Se queredes escoitar completa esta historia, podedes facelo no enlace do podcast xa que Anxo e Sabela estiveron en Radiuvín para deixarnos o conto gravado.
MOITAS GRAZAS POR VIR A CONTARNOS ESTA HISTORIA TAN DIVERTIDA!
ESPERAMOS VOLVER A VERVOS PRONTO NA BIBLIOTECA!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »