Skip to Content

CEIP Virxe da Barca - Rúa Enfesto, 13, 15124 Muxía  (A Coruña) - 881880794

HORARIOS CLAN TV PARA PRIMARIA

Informo do horario de emisión de CLAN TV para o alumnado de primaria. Nesa canle haberá clases das distintas materias para cada día da semana dende mañá de 9 a 10.

Aprendemos a construír un "iogurcesto"

Desde a área de Educación Artística e Educación Física propoñémosvos crear un divertido xoguete con un material de refugallo como é o envase de iogur. Con isto ademais de favorecer o coidado do medio ambiente a través da reciclaxe tamén traballaremos a coordinación óculo-manual. Atréveste?

 

Fai click na imaxe para ver o documento

Plantamos lentellas

Os nenos de 2º tíñamos pendente, na área de Ciencias Naturais, plantar lentellas no cole para velas xerminar. Propóñovos facer este sinxelo experimento na casa. O alumnado de 1º tamén pode facelo xa que as nosas plantiñas do cole cando voltemos estarán secas... :(

A actividade consiste en plantar unha ou varias sementes de legume, por exemplo lentellas, nun tarro de cristal ou de iogur onde anteriormente poñeriamos un pouco de algodón. Con esta actividade entenderemos o proceso e as partes que ten unha planta e ademais seremos responsables do coidado e o crecemento dela.

Qué necesitamos?

-Un bote de cristar, envase iogur, botella de plástico cortada...

-Lentellas (ou calquera outra legume que escollamos)

-Algodón

-Auga

Unha vez que temos todos os materiais poñemos un pouco de algodón no fondo e introduciremos a semente no algodón a uns dous cm da superficie. Regarase e poñerase nun lugar luminoso e cálido.

No prazo de dous ou tres días a semente irase inchando e xurdirán dúas follas pequenas, iso significará que a nosa planta xa brotou e o noso experimento foi un éxito.

A partir de aquí todos os días dedicaremos uns minutos para regar a nosa planta sempre con pouca cantidade de auga simplemente para mantela húmida e para observar o cambio e o crecemento das plantas (mellor facelo con un pulverizador para non encharcar)

Explicación: As plantas son seres vivos que necesitan da auga para crecer, primeiro sae a raíz da semente e despois vai crecendo o talo que é o que dá forma á planta e finalmente as follas. As plantas nacen, crecen e aliméntanse a partir do aire, da auga, dos nutrientes do chan e da luz do sol.É un proceso lento e debedes ter claro que levará un tempo ver a planta crecida e con follas. Asique paciencia!

Podedes sacarlle unha foto cada día para ver despois todo o proceso e tamén estaría ben anotar todos os cambios nun caderno.

Xogando cos Seres Vivos!

 

Xa que en Ciencias Naturais estamos aprendendo sobre os seres vivos, aquí vos deixo unha web con uns xogos moi chulos para repasar os contidos que vimos sobre animais e plantas.

 

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-ciencias/seres-vivos

Estes xogos están diseñados tanto para 1º como para 2º de primaria. Mans a obra!

Xogo seres vivos:

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-ciencias/juegos-seres-vivos

Xogo animais:

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-ciencias/juegos-animales

Xogo plantas:

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-ciencias/juego-plantas

Plantas e entorno:

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-ciencias/juego-plantas-entorno

Contos contados Kalandraka

Desde a editorial Kalandraka, nos contan contos varios artistas e contacontos para entreternos coa literatura.

Pincha nesta ligazón:

Kalandraka tv

 

Distribuir contido


by Dr. Radut